Marítima
A Confraría de Celeiro reclama máis seguridade e melloras no porto
A entidade pesqueira solicita actuacións no saneamento do peirao norte, o reforzo do espigón e a retirada de instalacións en desuso, ademais de traballos de conservación
GaliciaXa
Prorrogado ata 2029 o Plan xeral de explotación marisqueira vixente
A orde publicada dá continuidade aos plans de xestión e permite manter as medidas de conservación nas zonas afectadas pola mortalidade de bivalvos
As mariscadoras de Cedeira seguen sen solucións e terán que buscar alternativas para traballar en 2027
A reunión co novo director xeral de Desenvolvemento Pesqueiro rematou sen compromisos para recuperar os bancos da ría
Case medio cento de escolares de Barreiros participan no proxecto "Vivir o Mar"
Os obradoiros achegaron o alumnado á gastronomía local e á práctica deportiva, mentres que a iniciativa inclúe un concurso escolar e novas actividades previstas para 2027
GaliciaXa
MeteoGalicia activa a alerta laranxa no litoral galego por ondas de ata seis metros
Afectará ao litoral das provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo a partir da madrugada deste mércores, 18 de novembro
Celeiro reclama unha política pesqueira europea que garanta o futuro da frota e das comunidades costeiras
O encontro analizou a revisión da Política Pesqueira Común, a viabilidade das empresas, a innovación tecnolóxica e o relevo xeracional, e reivindicou unha maior unidade para defender os intereses da pesca
GaliciaXa
Fronte Ampla propón un plan de rexeneración das rías galegas con fondos europeos
A formación defende captar fondos europeos para frear a mortaldade de bivalvos provocada polo cambio climático e protexer o emprego feminino ligado ao marisqueo
GaliciaXa
Galicia retoma mañá a extracción de centola e boi tras o período de veda
A actividade retómase na maior parte do litoral galego, aínda que na franxa entre Estaca de Bares e o río Eo a centola non se poderá capturar ata finais de mes
As XXX Xornadas de Celeiro sitúan o futuro da pesca no centro do debate
O financiamento comunitario, a reforma da Política Pesqueira Común, a competitividade comercial e a sustentabilidade destacan entre as principais preocupacións abordadas no encontro
Barreiros convoca o primeiro certame escolar para promover a alimentación saudable e o deporte
O alumnado dos CEIP San Miguel de Reinante e San Cosme poderá presentar receitas con produtos mariñeiros ou propostas de actividades deportivas ata o 11 de novembro
Os concellos de Cedeira e Valdoviño reclaman solucións para garantir o futuro das mariscadoras
Ambos os municipios acordaron coa Confraría de Pescadores investigar as causas da mortaldade de ameixas e berberechos e buscar medidas de apoio para as doce traballadoras, algunhas das cales xa esgotaron a prestación por desemprego
GaliciaXa
Presentado o calendario para a renovación dos órganos reitores das confrarías galegas
Marta Villaverde inaugurou a xornada informativa sobre a vindeira convocatoria electoral que culminará coas votacións nas confrarías o 23 de xaneiro de 2027
GaliciaXa
Galicia defende no Consello Consultivo de Pesca a estabilidade das cotas no Atlántico e melloras para a frota artesanal
A titular de Mar participou na xuntanza preparatoria do vindeiro Consello de Ministros da Unión Europea, que abordará as posibilidades de captura para 2027 e as modificacións normativas da Comisión
A Xunta e as confrarías de Ferrol e Barallobre estudan medidas para recuperar os bancos marisqueiros da ría
A Consellería do Mar e os pósitos propoñen un posible peche temporal, a retirada de especies competidoras e axudas económicas para os profesionais afectados pola paralización da actividade
A Autoridade Portuaria de Ferrol rexistra 5,3 millóns de toneladas de tráfico nos nove primeiros meses do ano
Os portos de Ferrol e San Cibrao resisten ante o contexto internacional e mantéñense en positivo cun crecemento do 3,26 % con respecto ao mesmo período de 2025
Dani Franco: A paciencia dun pequeno pescador que medra mirando ao mar
Con só 11 anos, Dani Franco converteu a pesca nunha das súas grandes afeccións, seguindo unha tradición familiar que comezou cunha vella cana do seu avó e que xa lle deixou anécdotas e un soño por cumprir
A Fundación Expomar promove unha misión comercial internacional desde Cabo Verde
Colabora coa Consellería do Mar promocionando o sector pesqueiro galego na Feira Expomar de Cabo Verde, que se celebra na illa de San Vicente
Eventos
OcioenGalicia
Programa de Navidad de Vilalba
OcioenGalicia
Mercado de Primavera de O Valadouro 2027
OcioenGalicia
Nadal As Pontes
Celeiro reúne ao sector pesqueiro do 5 ao 7 de novembro nas XXX Xornadas de Pesca
O encontro, coñecido como a Universidade do Mar, abordará os retos da frota, a transición enerxética, a intelixencia artificial e o futuro da pesca europea, cun programa gratuíto e presencial e en liña
Cervo recuperará as zonas verdes da Atalaia e reclama as antigas casas dos fareiros para usos culturais
O Concello poderá realizar durante tres anos labores de conservación en terreos portuarios e acordou coa Autoridade Portuaria actuacións para repoñer o parque de calistenia e mellorar o aparcamento de San Cibrao
A lucense María Luisa Boquete asume a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar
A funcionaria releva no cargo a Marta Barreiro Castro tras ocupar postos de responsabilidade na Administración autonómica, entre eles a subdirección de Coordinación Económica da Consellería de Economía e Industria
Ribadeo acolle as XXI Xornadas Mar por Medio centradas na comunicación e nos valores xacobeos
O programa inclúe conferencias, mesas redondas, unha visita ao santuario de Arante e a incorporación de John Rutherford e Manuel Valín Valdés á Academia Xacobea
AMariñaXa
O Camiño Gastronómico do Mar percorrerá 15 concellos da costa galega con sete etapas entre outubro e novembro
A iniciativa da OPP de Burela e da Asociación Amigos do Camiño do Mar comeza este domingo 11 de outubro en Ribadeo e Barreiros, cunha degustación de peixe ao remate de cada xornada en establecementos hostaleiros da ruta
O Goberno prorroga ata finais de ano as axudas á pesca e eleva a súa dotación a 50 millóns
A secretaria xeral de Pesca participou na xornada da Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste, na que se analizaron cuestións como o relevo xeracional, o combustible e a renovación dos barcos
O focense Carlos Gil gaña o Premio Cantábrico do CIMASUB polo seu documental sobre A Mariña-Ortegal
O biólogo mariño e instrutor de mergullo será recoñecido o 14 de novembro en Donostia polo traballo que amosa a biodiversidade dos fondos da comarca







