Marítima
As mariscadoras de Cedeira seguen sen solucións e terán que buscar alternativas para traballar en 2027
A reunión co novo director xeral de Desenvolvemento Pesqueiro rematou sen compromisos para recuperar os bancos da ría
GaliciaXa
MeteoGalicia activa a alerta laranxa no litoral galego por ondas de ata seis metros
Afectará ao litoral das provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo a partir da madrugada deste mércores, 18 de novembro
Portos de Galicia prevé iniciar na primavera as dragaxes dos portos de Miño e Pontedeume
A actuación, xunto coa xa rematada en Barallobre, supón un investimento de 940.000 euros e beneficiará a case 300 embarcacións profesionais e náutico-recreativas
Comenza unha nova campaña das foodtrucks Galicia Sabe Amar
A conselleira do Mar participa na presentación das catro unidades móbiles en actos en Vigo, Ribadavia (Ourense), Lugo, A Coruña e Ferrol
As mariscadoras da ría de Cedeira trasladarán as súas reivindicacións á Xunta este xoves
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro recibirá o día 12 en Santiago as representantes do colectivo, que atravesa unha crise de produtividade desde 2024
GaliciaXa
O IEO documenta novas anomalías de coloración en peixes da ría de Vigo
Un estudo científico identifica un linguado senegalés con pigmentación nas dúas caras do corpo e outros tres posibles casos de alteracións na cor observados en augas viguesas
Barreiros convoca o primeiro certame escolar para promover a alimentación saudable e o deporte
O alumnado dos CEIP San Miguel de Reinante e San Cosme poderá presentar receitas con produtos mariñeiros ou propostas de actividades deportivas ata o 11 de novembro
Celeiro celebra as XXX Xornadas Técnicas de Pesca, tres décadas de encontro arredor do sector pesqueiro
A cita, que se desenvolve esta semana, alcanza a súa trixésima edición e consolida tres décadas de encontros entre profesionais e representantes vinculados ao mundo do mar
As XXX Xornadas de Pesca de Celeiro detallan os relatores da súa primeira xornada
A sesión inaugural incluirá intervencións sobre conservación mariña, innovación alimentaria e tecnoloxía pesqueira, con especialistas de AZTI, CEPESCA, OPROMAR e o CSIC
O CSIC inicia un estudo sobre a zamburiña na ría de Ferrol
O proxecto ZANFER analizará durante dous anos a estrutura da poboación e os rangos de talla da especie para elaborar un plan específico para a ría
GaliciaXa
Presentado o calendario para a renovación dos órganos reitores das confrarías galegas
Marta Villaverde inaugurou a xornada informativa sobre a vindeira convocatoria electoral que culminará coas votacións nas confrarías o 23 de xaneiro de 2027
GaliciaXa
O Congreso Internacional de Pesca y Turismo de Sanxenxo pecha con propostas para o futuro do sector
O encontro, impulsado no marco de Mar e Rías: Pesca & Turismo, reuniu experiencias nacionais e internacionais e abordou os retos normativos, a promoción e a comercialización destas actividades
Dani Franco: A paciencia dun pequeno pescador que medra mirando ao mar
Con só 11 anos, Dani Franco converteu a pesca nunha das súas grandes afeccións, seguindo unha tradición familiar que comezou cunha vella cana do seu avó e que xa lle deixou anécdotas e un soño por cumprir
A Fundación Expomar promove unha misión comercial internacional desde Cabo Verde
Colabora coa Consellería do Mar promocionando o sector pesqueiro galego na Feira Expomar de Cabo Verde, que se celebra na illa de San Vicente
Celeiro reúne ao sector pesqueiro do 5 ao 7 de novembro nas XXX Xornadas de Pesca
O encontro, coñecido como a Universidade do Mar, abordará os retos da frota, a transición enerxética, a intelixencia artificial e o futuro da pesca europea, cun programa gratuíto e presencial e en liña
Cervo recuperará as zonas verdes da Atalaia e reclama as antigas casas dos fareiros para usos culturais
O Concello poderá realizar durante tres anos labores de conservación en terreos portuarios e acordou coa Autoridade Portuaria actuacións para repoñer o parque de calistenia e mellorar o aparcamento de San Cibrao
Barreiros impulsa 'Vivir o Mar' para fomentar a alimentación saudable e o deporte entre a mocidade
O proxecto inclúe oito obradoiros nos colexios de San Cosme e San Miguel de Reinante, dous certames escolares e actividades vinculadas á Carreira das Praias, cun investimento de 35.446,95 euros
Eventos
GaliciaXa
A Xunta dá luz verde aos Estatutos das mulleres do rural e do sector marítimo-pesqueiro
O Consello do Goberno galego acordou o envío ao Consello Consultivo os documentos, que veñen desenvolver a Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes
AMariñaXa
O Camiño Gastronómico do Mar percorrerá 15 concellos da costa galega con sete etapas entre outubro e novembro
A iniciativa da OPP de Burela e da Asociación Amigos do Camiño do Mar comeza este domingo 11 de outubro en Ribadeo e Barreiros, cunha degustación de peixe ao remate de cada xornada en establecementos hostaleiros da ruta
O Goberno prorroga ata finais de ano as axudas á pesca e eleva a súa dotación a 50 millóns
A secretaria xeral de Pesca participou na xornada da Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste, na que se analizaron cuestións como o relevo xeracional, o combustible e a renovación dos barcos
Foz reúne as confrarías do Cantábrico-Noroeste para analizar os retos da pesca artesanal
Foz acolle a Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste
Conxemar bate o seu récord de expositores e reclama ampliar o Ifevi para seguir medrando
A feira internacional de produtos do mar conxelados reúne esta edición 836 empresas e aspira a superar os 30.000 visitantes do ano pasado
Dezanove mergulladores retiran máis de 400 quilos de lixo dos fondos da ría de Arousa
A xornada de limpeza reuniu participantes da Confraría de Pescadores de Vilanova e do Club Subacuático Pérez-Sub dentro do programa PLANCTON
Portos de Galicia e Cedeira acordan devolver ao Estado os terreos do Paseo da Marina
O acordo concreta a proposta de reversión duns terreos de uso público que xa non son necesarios para a actividade portuaria










