Emprego
Todas as noticias sobre emprego
Os traballadores de Ferroglobe volven mobilizarse en Arteixo contra o ERTE e reclaman unha resposta das administracións
O comité de empresa denuncia a 'parálise institucional' mentres os 113 empregados da planta de Sabón afrontan un expediente que se prolongará ata finais de 2027
COGAMI forma a nove persoas da provincia de Ourense en transporte escolar e adaptado
A entidade prepara ademais dous novos cursos sobre manexo de carretillas elevadoras e primeiros auxilios, con prazas aínda dispoñibles
Friol acollerá o luns unha xornada de networking para impulsar a colaboración entre emprendedores
O encontro celebrarase o vindeiro luns 28 de setembro na sede do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego e reunirá a persoas beneficiarias da rede para compartir proxectos e crear sinerxías
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Finaliza o proceso de estabilización de persoal nas residencias da Diputación
A xunta de goberno aprobou este venres o nomeamento dos traballadores que ocuparán definitivamente 16 prazas nos centros de atención a maiores da rede provincial, que dá emprego directo a 230 persoas
'CanteirIA' impulsa en Ribadavia o emprendemento xuvenil a través de ferramentas dixitais innovadoras
Quince mozos e mozas participan durante catro días nunha iniciativa que combina intelixencia artificial, acompañamento especializado e traballo en equipo para desenvolver proxectos emprendedores
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PP esixirá no Senado un plan de choque para frear a “sangría” de autónomos na provincia de Lugo
O Castro de Caldelas e Montederramo activan un servizo gratuíto de atención psicolóxica e xurídica para mulleres ata o 30 de setembro
O programa, dirixido a mulleres e nenas de ambos os concellos, inclúe tamén apoio á inserción laboral feminina e accións de sensibilización en igualdade
Narón oferta vinte prazas nun curso completo de Prevención de Riscos Laborais
Incluído no Plan de Formación Municipal, desenvolverase do 5 de outubro ao 6 de novembro no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz. As inscricións abren este martes, 22 de novembro
GaliciaXa
CCOO esixe á Xunta que deixe de ocultar o plan para recortar as baixas médicas
O sindicato reclama a difusión inmediata do documento e considera que o anuncio dun plan similar en Madrid confirma que o PP fai un uso «lamentable» de Galicia como «banco de probas»
GaliciaXa
O Supremo avala parcialmente a CIG no conflito polas tarefas de limpeza do persoal de Gadis na provincia da Coruña
O sindicato asegura que a sentenza limita estas funcións ás seccións asignadas aos traballadores e reclama o fin da limpeza de baños e zonas comúns
Barbadás pon en marcha un novo obradoiro de emprego dual en aproveitamentos forestais e atención sociosanitaria
A iniciativa formativa ofrecerá dous certificados profesionais de nivel 2 dirixidos a persoas desempregadas que cumpran unha serie de requisitos de acceso
O CSIF denuncia a falta de negociación sindical en decisións de persoal no Concello de Quiroga
O sindicato reclama que se convoque a Mesa Xeral de Negociación antes de aprobar orzamentos, cadro de persoal, relación de postos e oferta de emprego público, e non descarta emprender accións administrativas e xudiciais se a situación se mantén
GaliciaXa
CCOO, UGT e CIG discrepan sobre a evolución do emprego en Galicia en agosto, marcado pola estacionalidade
O paro aumentou en 2.369 persoas e a afiliación media caeu en 1.467, mentres os sindicatos alertan da precariedade e das diferenzas por sexo
GaliciaXa
Galicia rexistra o mellor agosto en afiliacións con 1.134.483 cotizantes e iguala o mínimo de paro co ano pasado
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración valorou hoxe os últimos datos de desemprego e destacou que a cifra de cotizantes é a segunda mellor rexistrada nunca, só por detrás do máximo logrado en xullo
GaliciaXa
O DOG recolle o convenio que sobe o salario, as vacacións e os permisos aos traballadores con discapacidade
O texto asinado con UGT e CCOO conta con tres subas do 4 % en 2026, 2027 e 2028, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro
Paradela, Láncara e Samos melloran espazos públicos a través dun obradoiro dual de emprego de 454.500 euros
O programa, con 20 prazas en dúas especialidades, desenvolverá actuacións en colexios, miradoiros, fontes, beirarrúas e zonas verdes dos tres municipios
Concentrix suma 79 despedimentos na Coruña e xa son 154 as saídas previstas este verán
O segundo ERE da multinacional péchase sen acordo tras oito reunións, mentres a representación da plantilla prepara a resposta ao expediente
O Carballiño acollerá en setembro o programa 'Conecta Emprego' para impulsar a inserción laboral de mocidade e desempregados
A Fundación Impulsarse pon en marcha obradoiros e cursos de inserción laboral no Centro Sociocomunitario de O Carballiño ao longo de todo setembro
GaliciaXa
O PSOE acusa á Xunta de abusar da temporalidade entre os traballadores públicos
Carlos López Font denuncia “maltrato sistemático” ao persoal funcionario, provocado pola “falla de planificación, abuso masivo e arbitrariedade” na xestión dos recursos humanos
O comercio de alimentación da provincia da Coruña afronta a súa terceira xornada consecutiva de folga para reclamar un convenio digno
Os sindicatos denuncian o bloqueo das negociacións e aseguran que supermercados e plataformas loxísticas están paralizados ou funcionando baixo mínimos
Tres novos días de folga para o comercio de alimentación da Coruña ante o bloqueo do convenio
CIG, CCOO, UGT e USO convocan paros o 15, 16 e 17 de agosto e anuncian unha manifestación para o luns 17 na cidade da Coruña
A hostalaría da Coruña desconvoca a folga tras alcanzar un acordo sobre os salarios e a negociación do convenio
Sindicatos e patronais pactan unha suba de 3% en 2026, do 3,5% en 2027 e do 3% en 2028, ademais dun pago de 500 euros correspondente a 2025
A patronal da alimentación da Coruña dá por esgotada a súa marxe e advirte de que prolongar o conflito non mellorará o convenio
ASAC lamenta que a reunión do 10 de agosto rematase sen acordo e defende unha proposta con subas salariais, redución de xornada e máis fins de semana libres
A Coruña destina preto de 96.000 euros a renovar o Centro Cívico de Labañou
O Concello licita a instalación dun novo ascensor accesible e a mellora dos chans, paredes, radiadores e paneis de madeira do edificio
GaliciaXa
UGT, CEG e Xunta asinan un preacordo para impulsar un plan de benestar laboral e prevención ata 2030
O documento inclúe 37 medidas e un orzamento mínimo de 18 millóns de euros para reforzar a saúde laboral, a prevención e a reincorporación saudable ao traballo



