GaliciaXa
GaliciaXa
Extinguido o incendio de Ponteareas tras arrasar 76 hectáreas de monte arbolado
Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 7 técnicos, 27 axentes, 41 brigadas, 33 motobombas, 3 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 4 avións
AgrocuiR'26 enche Monterroso de música, cultura e reivindicación na súa undécima edición
O Festival da Ulloa celebra do 20 ao 22 de agosto tres días de actividades cun programa que inclúe concertos, cinema, obradoiros, encontros, propostas familiares e espazos de reflexión sobre o rural
Máis de 200 padexeiros participarán na XLIV Travesía de Foz
A histórica proba organizada polo club Kayak Foz reunirá este domingo a deportistas de 26 clubs de Galicia e Asturias nas categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano
As oito activistas detidas no Corgo durante La Vuelta continúan investigadas
Lugo por Palestina informa de que seguen abertas as dilixencias por desordes públicas e perigo para a seguridade viaria, mentres unha das persoas afronta tamén unha investigación por lesións
Un rally sostible percorrerá 35 concellos galegos e chegará ata a 'fin do mundo' en Fisterra
O 10º Repsol EcoRallye A Coruña cubrirá case 587 quilómetros entre as provincias da Coruña e Lugo, con 14 tramos de regularidade e paradas en Vimianzo, Fisterra, Coristanco e As Pontes
A Moexmu 2027 xa ten datas, celebrarase os días 2, 3 e 4 de abril
A actividade da organización continuará tamén en maio coa XXXVI edición da Festa da Filloa de Muimenta, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia
Controlado o incendio de Ponteareas e extinguido o da parroquia de Bóveda, en Lugo
No primeiro caso leva queimadas xa 70 hectáreas mentres que o lugués afectou a tres
A V Festa da Vendima da Ribeira Sacra chega ao Saviñao do 24 ao 30 de agosto
A programación combinará viño, gastronomía, artesanía, música e actividades para toda a familia, con especial protagonismo durante a fin de semana na Devesa de Escairón
GaliciaXa
A comarca de Compostela afronta unha seca severa que xa supera os rexistros de 1990
Durante o verán, a temperatura superou os 30 graos en dúas xornadas de xuño, en dez días de xullo e en nove de agosto
ADEGA inaugura en Moaña a mostra '50 anos coidando a terra' e reivindica un Morrazo "sempre combativo"
Esta permanecerá nos xardíns do Concello ata o vindeiro 15 de setembro
The Jesus and Mary Chain, The Dream Syndicate e Triángulo de Amor Bizarro encabezan o cartel do Our Fest 2026
Expourense converterase o 19 de setembro no escenario dunha xornada completa de concertos, con sete propostas ben distintas entre as que destacan dúas actuacións únicas: unha en España e outra en 2026
A Noite Meiga de Sarria pon hora a todas as súas actuacións
O programa definitivo distribúe as actuacións de DeNinghures, Broken Peach, Xosé Lois Romero & Aliboria e Terrae e fixa a Danza da Noite Meiga para a unha da madrugada do sábado
Un incendio forestal afecta a parroquia de Bóveda, nas proximidades da cidade de Lugo
Un helicóptero, dous avións e varios medios terrestres participan no operativo para controlar un lume que permanece activo desde as 16:54 horas
GaliciaXa
Finalizan as alertas por episodios de calor a partir de este xoves en Galicia
A chegada dunha fronte pouco activa traerá aire atlántico a toda a Comunidade Autónoma
Vigo restaura os históricos canóns da fortaleza do Castro
Abel Caballero anuncia que o Goberno local seguirá coa recuperación da muralla coa retirada da actual cafetería da entrada para deixar á vista a fortificación
O Río Verbena Fest vivirá os seus días grandes esta fin de semana co apoio dos Concertos do Xacobeo
Siloé, La La Love You, Sidonie, Xoel López, Love of Lesbian ou Carlos Ares forman parte dun cartel que combina referentes da música estatal e talento galego
GaliciaXa
A Xunta veta o proxecto de modificación e ampliación do parque eólico Edreira I en A Lama
Así consta na resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia
A Gala Solidaria da Asociación Bicos de Papel terá unha segunda edición en Ourense
A iniciativa busca recadar fondos para manter os programas gratuítos de apoio ás familias afectadas polo cancro infantil
GaliciaXa
O PSOE acusa á Xunta de abusar da temporalidade entre os traballadores públicos
Carlos López Font denuncia “maltrato sistemático” ao persoal funcionario, provocado pola “falla de planificación, abuso masivo e arbitrariedade” na xestión dos recursos humanos
GaliciaXa
O SLG ve insuficientes os fondos destinados a cubrir as axudas de prevención de danos pola fauna silvestre
O sindicato alerta de que están chegando cartas desestimando as solicitudes de axudas por “esgotamento de crédito”
Lourenzá reúne participantes de sete países arredor da danza e o movemento
O festival desenvolverase do 20 ao 26 de agosto con talleres, encontros, jams e actividades de contact improvisación, algunhas delas abertas á participación da veciñanza
GaliciaXa
ADOS pide doazóns dos grupos A Positivo, A Negativo, 0 Positivo e 0 Negativo
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas
GaliciaXa
Estabilizado o incendio forestal de Ponteareas, tras queimar 60 hectáreas
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal
‘Mudanza’, baseada nunha obra da paradelense Sonia Arias, suma un novo recoñecemento en San Sebastián
A curtametraxe, rodada en escenarios de Sarria e Paradela, foi seleccionada no Kursaal Film Festival, onde opta ao premio do público e do xurado ao mellor traballo




