GaliciaXa
GaliciaXa
Ourense ultima o reparto de máis de catro millóns de papeletas e un cento de urnas para as eleccións do 29N
A provincia despraza a súa loxística electoral con 523 mesas repartidas en 391 locais, máis de 1.900 persoas encargadas de atendelas e un amplo operativo de seguridade para garantir que a xornada transcorra sen incidencias
GaliciaXa
ADEGA impugnará a sección de reforzo creada no TSXG para resolver recursos eólicos
A asociación ecoloxista considera que a creación dun tribunal «ad hoc» para ditar sentenza sobre os litixios eólicos vulnera o dereito á tutela xudicial efectiva das entidades recorrentes
Transportes licita por máis de 603.000 euros obras para mellorar a seguridade viaria na N-540 e na N-120 en Lugo
A intervención abrangue 144 quilómetros das dúas estradas estatais, con actuacións nos concellos de Lugo, Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada, Carballedo, Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos e Pantón
A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña esixe un calendario real para as obras do novo CHUAC
O órgano de representación dos traballadores rexistrou un escrito ante a Consellería de Sanidade para reclamar financiamento, solucións aos problemas de aparcadoiro e medidas urxentes fronte á saturación asistencial
GaliciaXa
A CIG quere elevar o SMI até os 1.426 euros ao mes "para cumprir coa Carta Social Europea"
A central sindical demanda que nos decretos que regulan o Salario Mínimo Interprofesional se especifique o carácter non compensábel nin absorbíbel de ningún dos complementos salariais
A acampada de Vigo comeza a desmontarse e reclama unha solución para unha decena de persoas
O colectivo prepara unha concentración diante do Concello para denunciar a falta de alternativas para as persoas que se atopan sen fogar
As fortes chuvias deixan máis de 130 incidencias en Galicia e provocan o derrubamento dunha ponte
Un desprendemento obrigou a suspender temporalmente a circulación dos trens por motivos de seguridade en Quiroga
Besteiro carga contra Feijóo e pide concentrar o voto no PSOE para lograr «o cambio necesario»
Insistiu en que os próximos comicios representan un momento decisivo e apelou á concentración do voto da esquerda
Vigo acolleu unha homenaxe no Día Mundial no Recordo das Vítimas da Violencia Viaria
A directora da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), María Deza, asistiu ao acto que con motivo desta efeméride tivo lugar en Poio, diante da escultura o ‘Arpa do Silencio’ de Lito Barreiro
GaliciaXa
Feijóo pide aos galegos "a súa confianza" a través dun vídeo
O líder do Partido Popular sinala o 29N como a “oportunidade” para darlle a Galicia un Goberno de España que “a trate como merece”
GaliciaXa
A Deputación de Lugo prevé aumentar en 400.000 euros os fondos para o Consorcio de Bombeiros en 2027
A proposta económica contempla novas prazas de bombeiros, cambios na estrutura operativa e unha revisión das condicións laborais, medidas que aínda deberán negociarse
Lugo leva o Arde Lucus a Valladolid cunha representación de 173 participantes de 16 asociacións
A delegación lucense recreou a cultura romana e castrexa na feira turística e percorreu tamén o centro de Valladolid con desfiles e actividades históricas
GaliciaXa
Aumenta un 12 % o número de galegos que teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas
O uso da intelixencia artificial xenerativa medra quince puntos en Galicia e chega a case a metade da poboación
Pedro Sánchez levará a campaña electoral do PSOE a Santiago o mércores
A cita contará tamén coa presenza do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro
GaliciaXa
O voto por correo para as eleccións xerais do 29 de novembro poderá solicitarse ata o día 19
As persoas que xa tramitaron a petición comezaron a recibir a documentación electoral, mentres que o prazo para depositar o voto nas oficinas de Correos remata o 25 de novembro
Rueda reivindica en Santiago a Feijóo como o líder do "cambio necesario" ante 8.000 simpatizantes
O presidente galego dos populares chama a mobilizarse o 29N e asegura que Galicia debe ser o motor dun cambio político que considera "imprescindible e inaprazable"
O claustro do IES Pedra da Auga denuncia deficiencias de seguridade e filtracións nas obras da cuberta
O claustro do centro de Ponteareas asegura que os traballos acumulan atrasos e provocaron danos nas instalacións, polo que reclama medidas provisionais e unha intervención inmediata para impermeabilizar a cuberta
GaliciaXa
O PPdeG presenta A Estrada como punto de partida para impulsar o cambio
O presidente dos populares galegos participou nun mitin con Martínez-Almeida e García Comesaña, que criticou o trato do Executivo central á provincia de Pontevedra
GaliciaXa
Román Rodríguez explica aos directores de institutos as novas medidas de protección ao docente
O conselleiro de Educación explicoulles os cambios na normativa de convivencia para reforzar o bo clima nas aulas e avanzar na tolerancia cero ante as agresións
GaliciaXa
Hospitais galegos acollen o ensaio clínico da vacinación combinada fronte á gripe e o covid
Este sábado e domingo, sen necesidade de cita previa, as persoas interesadas poden acudir a calquera dos 14 hospitais galegos, de 9,00 a 14,00 e de 15,00 a 21,00 horas
Cineuropa aposta esta fin de semana polo novo cinema europeo e as propostas galegas
A carteleira dos próximos días inclúe tamén presentacións de películas e actividades paralelas que amplían a oferta do festival
GaliciaXa
O Sergas celebra esta fin de semana unha nova quenda de oposicións con máis de 10.000 aspirantes
O Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, acollerá os exames de acceso a dez categorías do sistema sanitario público galego
O I Encontro Artístico de Canto de Mulleres Galeguía reúne en Lugo máis de 50 participantes
A Capela de Santa María acolle as actividades dunha iniciativa que promove o intercambio cultural a través do canto colectivo, con propostas dedicadas á música popular portuguesa, o adufe e o batuko
Corenta concellos galegos reciben as Flores de Honra de Vilas en Flor 2026
Carballo acada catro flores, a máxima distinción desta edición, xunto con Allariz, Chantada, Salceda de Caselas e Tomiño




