GaliciaXa
GaliciaXa
O PSdeG esixe á Xunta garantías sobre os megaproxectos mineiros
O grupo de traballo do partido, presidido pola deputada e voceira de Industria, Patricia Iglesias, celebrou a súa primeira reunión e esixiu a aprobación inmediata do plan mineiro
UCIN Galicia critica á Xunta que se manteña sen servizo o helicóptero medicalizado de Santiago
Desde UCIN Galicia consideran “gravísimo” que o presidente da Xunta asegurase descoñecer que leva parado desde o pasado 30 de abril
GaliciaXa
Tona Martínez substitúe a José Bernardo Silveira á fronte da AGEF
Destacou a importancia da empresa familiar na economía e na sociedade, lembrando o papel dos fundadores, sucesores e dos cónxuxes
Arranca o Festival de Cans, que proxectará máis de cen obras e acollerá trinta estreas
Un dos grandes protagonistas desta edición será o cineasta Julio Medem, que recibirá a súa estrela no festival e presentará este martes a súa última película, 8
O campus de Ourense lanza sete novos cursos de extensión universitaria
As propostas están dirixidas tanto á comunidade universitaria como á cidadanía en xeral e desenvolveranse entre os meses de xuño e outubro
Ribadeo converterase en escenario da Heroican Race 2026 cun percorrido cheo de obstáculos e desafío físico
A competición celebrarase o 28 de xuño cun circuíto de entre 9 e 11 quilómetros e diferentes categorías adaptadas ao nivel das persoas participantes
GaliciaXa
A CIG reclama a convocatoria urxente da mesa do convenio estatal de elaborados do mar
A central sindical critica a falta de información sobre o estado do proceso e denuncia “pasotismo, ocultismo e desprezo” cara ao sector por parte das organizacións sindicais estatais e da patronal
O cinema experimental toma cinco espazos da Coruña na nova edición do (S8)
A Mostra de Cinema Periférico celebrarase do 2 ao 7 de xuño con 161 películas, 35 estreas mundiais e unha apertura dedicada aos eclipses
GaliciaXa
Besteiro pide a Rueda apoio ao desenvolvemento do galego na Intelixencia Artificial
O líder dos socialistas galegos reclámalle á Xunta financiamento estable para o desenvolvemento da IA en Galicia e en galego
O I Rallymix Concello de Guitiriz – Gran Premio Deputación de Lugo terá lugar en xuño
A escudaría Scratch Galicia abre as inscricións para a competición, na que haberá máis de 6.300 euros en premios entre as Clases A e B
O PSdeG reclama recuperar servizos sanitarios suprimidos na provincia de Ourense e un plan de reforzo dos hospitais comarcais
A formación socialista centra a súa denuncia no que considera un deterioro progresivo da sanidade pública no rural ourensán, tomando como exemplo o Hospital de Verín
GaliciaXa
O Goberno publica a orde con reducións do IRPF para agricultores e gandeiros galegos
O conxunto das reducións contempladas supón unha rebaixa da base impoñible estimada en 16 millóns de euros na Comunidade Autónoma
A Asociación Cultural Osorio Gutiérrez triunfa en Vigo con tres premios no certame Traspés
As agrupacións da entidade laurentina volveron destacar na música tradicional galega tanto polas actuacións como polo vestiario
O Celta Femxa Zorka regresa á LF Endesa tras conquistar a Final Four en Navia
O equipo de Cristina Cantero soubo xestionar a vantaxe ante un rival que acusou o desgaste físico tras un partido de máxima esixencia
GaliciaXa
Abre o prazo para que os concellos opten ás axudas para a promoción das festas de interese turístico
A liña de apoio conta cun investimento de 500.000 euros e poderá beneficiar ata 125 citas festivas da comunidade
Adif investirá 3,5 millóns para eliminar catro pasos a nivel en Sarria, dous deles no Camiño de Santiago
As actuacións mellorarán a seguridade ferroviaria e peonil con novos pasos inferiores, pasarelas e accesos alternativos en diferentes puntos do municipio
Raquel Arias substituirá a Elena Candia na vicepresidencia do Parlamento galego
A formación aposta pola deputada lucense pola súa traxectoria política e a súa experiencia institucional acumulada ao longo de máis dunha década na Cámara galega
Osa do Mar regresará a Burela cun cartel diverso e catro días de música en setembro
O festival celebrará a súa edición de 2026 entre os días 3 e 6 e reunirá artistas da escena independente, alternativa e galega dentro dos Concertos do Xacobeo
GaliciaXa
Caixa Rural pecha as contas de 2025 cun resultado histórico dun beneficio de 32 millóns de euros
As contas recollen uns activos que superan os dous mil seiscentos sesenta e sete (2.667) millóns de euros e que supón un crecemento algo superior ao 14% respecto do ano anterior
Miles de persoas reivindican en Santiago o futuro do galego nunha multitudinaria mobilización polo Día das Letras Galegas
A protesta, celebrada baixo o lema ‘O galego, lingua vital’, percorreu as rúas do centro histórico compostelán desde a Alameda ata a Praza da Quintana
GaliciaXa
Presentadas 742 obras para os premios literarios da Deputación da Coruña
Os certames en lingua galega suman 256 obras presentadas na convocatoria deste ano, acadando a cifra máis alta dos últimos anos
GaliciaXa
Multitudinaria protesta en Pontecesures contra o ERE anunciado por Nestlé
A marcha percorreu as rúas da vila desde a Praza de Pontevedra ata as instalacións da fábrica, nunha protesta que o comité cualificou de “histórica”
A Asociación Galega da Empresa Familiar escolle nova presidencia este luns
Asistirán ao acto de clausura da Asemblea os presidentes da Xunta de Galicia, do TSXG e de ABANCA, así como os conselleiros de Economía e Emprego
Os colexios das Pontes e Lugo, entre os premiados no primeiro concurso de carteis da Xunta polo Día de Europa
O primeiro premio desta categoría foi para o cartel elaborado polo alumnado do CEIP Plurilingüe Santa María, mentres que o segundo galardón recaeu no presentado polo CEIP das Mercedes




