GaliciaXa
GaliciaXa
A incidencia da gripe rexistra unha caída e un descenso na dispensación de antigripais
As consultas por esta enfermidade baixaron un 19% respecto da semana anterior, mentres que a taxa de ingresos foi do 0,8%, mantendo unha cifra estable
San Amaro rexistra o primeiro caso de lingua azul do serotipo 8 detectado en Ourense en 2026
Trátase do sexto foco notificado este ano en Galicia desde que en abril rematou o período de inactividade do insecto transmisor, e recoméndase a vacinación voluntaria do gando bovino e ovino
GaliciaXa
A elección dos candidatos do PSOE ás nacionais deriva en Lugo nunha nova crise con dúas liñas diferenciadas
O exalcalde lucense José López Orozco reclama revisar os votos tras quedar fóra da candidatura ao Senado, mentres o rexedor de Láncara anuncia a súa renuncia á xestora provincial
A CIG condena a agresión "fascista" a un compañeiro sindicalista das Pontes
A central chama a non cesar no combate fronte aos discursos de odio e os ataques ás liberdades fundamentais
O proxecto LIRES busca en Lugo respostas aos retos da mocidade rural con expertos de Galicia e Portugal
Lugo reúne máis de 20 expertos para buscar novas oportunidades para a mocidade rural
O BNG acusa á Xunta de incumprir o prazo prometido para licitar o novo centro de saúde do Carballiño
A formación nacionalista asegura que, a dous meses de rematar o ano, non existe proxecto nin partida orzamentaria para a obra, e que nin sequera se derrubou a vella estación de autobuses onde debería situarse
Lugo estuda reformular o carril bici para corrixir os problemas de mobilidade
Antonio Ameijide mantivo reunións no Parlamento Europeo para analizar as condicións dos fondos comunitarios e as posibilidades de modificar ou suprimir tramos por motivos de seguridade
A lucense María Luisa Boquete asume a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar
A funcionaria releva no cargo a Marta Barreiro Castro tras ocupar postos de responsabilidade na Administración autonómica, entre eles a subdirección de Coordinación Económica da Consellería de Economía e Industria
GaliciaXa
O Plan Único da Deputación da Coruña acada os 178 millóns de euros trala súa aprobación
O pleno engade unha achega adicional de 25 millóns de euros, que se suma aos 153 millóns xa aprobados ao longo do ano para o POS+2026
España e Colombia disputarán a final do Mundial de Oratoria en Español 2026
O lucense Óscar Rodríguez de Vivero, da Universidade Carlos III de Madrid, e Mariangel Solano Mendoza, da Universidade Industrial de Santander, clasificáronse para a final tras superar a semifinal celebrada en Cali
Obdulia Taboadela encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña no 29N
O Comité Provincial aprobou unhas listas cunha importante renovación, unha idade media inferior aos 45 anos e ampla experiencia na política municipal
O Rally San Froilán incorpora Baralla e estrea un treito en Sarria na súa 48ª edición
A proba celebrarase os días 16 e 17 de outubro con 114 pilotos inscritos e 104,6 quilómetros cronometrados en estradas de cinco municipios lucenses
Viveiro reunirá máis de 500 atletas na primeira Milla Internacional do Cantábrico
A competición celebrarase os días 17 e 18 de outubro co apoio da Deputación de Lugo e combinará atletismo de elite, carreiras populares, probas infantís e unha milla inclusiva apadriñada por Adrián Ben
GaliciaXa
Os Mineiros de Touro-O Pino acusan a Ana Miranda de utilizar a comarca como «moeda de cambio político»
A asociación, que conta con máis de 1.800 socios, cuestiona as cifras difundidas pola eurodeputada sobre o proxecto Cobre San Rafael
GaliciaXa
A Xunta publica unha guía pioneira en España para facilitar a avaliación ambiental dos proxectos
Explica que esta guía proporciona tamén un marco de referencia común e homoxéneo co que traballar desde os órganos administrativos
GaliciaXa
Galicia conta con cinco candidaturas finalistas nos XIX Premios Nacionais de Artesanía
Os ceramistas de Barreiros Artesanía e a deseñadora e redeira Amalia Puga optan ao Premio Produto, mentres que Sandra Vilas —especializada en feltro— é candidata por segundo ano consecutivo ao Premio Emprendemento
GaliciaXa
A CIG esixe que se priorice o mantemento da actividade das empresas Frigodeza, Nucamsa e Rivero
Demándalle ao administrador concursal que opte polas ofertas neste sentido e adopte medidas de vixilancia para evitar a venda de activos
GaliciaXa
O PSOE acusa á Xunta de favorecer a empresas que teñen vínculos familiares co PP
Patricia Iglesias sinala que a citación xudicial do director de Quirón Prevención volve poñer no foco o reparto de comisións polos contratos da galega Mape Asesores co Sergas
A Sociedade Filharmónica de Lugo ofrecerá 15 concertos no Círculo das Artes na tempada 2026-2027
O ciclo comezará o 28 de outubro coa Camerata OSG e reunirá orquestras sinfónicas, solistas internacionais e agrupacións de cámara no Círculo das Artes ata o 6 de maio
Uxía Folgueira representa a España no Mundial de Kárate Cadete, Júnior e Sub-21 en Polonia
A deportista da Escola Deportiva Shihan xa se atopa en Bielsko-Biała, onde se celebra do 14 ao 18 de outubro unha competición que reúne máis de 2.000 karatecas de 114 países
GaliciaXa
ADEGA realizará preto de 40 limpezas simultáneas de praias esta fin de semana en Galicia
A asociación publica o mapa con todos os areais nos que se organizará o voluntariado
Antas de Ulla reunirá 31 proxectos de toda Galicia na primeira Feira Tecendo Raíces
A cita celebrarase o sábado 17 de outubro na Cúpula da Praza Nova, de 10:00 a 20:00 horas, con entrada gratuíta e actividades sobre sustentabilidade, economía social e revitalización do rural
Ana González Abelleira e Jorge Bustos lideran as preferencias do PSOE da capital para o Senado e o Congreso
No primeiro caso, os seguintes máis votados foron o exalcalde José López Orozco e o actual senador socialista, César Mogo. No Congreso, as propostas foron para Patricia Otero e Miguel Ángel Crende
GaliciaXa
O PSdeG trasladará ao Pleno galego "os problemas dos galegos" coa vivenda e as listas de espera
Lara Méndez avanza as iniciativas socialistas para a próxima semana e lembra que en xuño había 425.942 persoas agardando no Sergas




