GaliciaXa
GaliciaXa
A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego
O aviso estará vixente desde esta noite, con ondas de ata sete metros na costa da Coruña e na Mariña lucense e de seis metros en Pontevedra
O PSOE de Ourense acusa á Xunta de presentar uns orzamentos que repiten proxectos e recortan investimento na provincia
A formación socialista sostén que as contas autonómicas para 2027 deixan sen resolver necesidades sanitarias, de mobilidade, vivenda e industria na provincia, e anuncia a presentación de emendas
GaliciaXa
O BNG de Vigo solicita a paralización do proxecto de alta tensión da Red Eléctrica Española
Alerta de graves afectacións ambientais, patrimoniais e veciñais nun trazado de máis de 21 quilómetros que prevé 15 torres de ata 55,2 metros de altura en Bembrive
GaliciaXa
Galicia, a primeira en Europa, de contar cun helicóptero Black Hawk para a loita contra incendios
A conselleira do Medio Rural supervisou hoxe na base aérea de Silleda a incorporación deste aparello ao operativo da Xunta
GaliciaXa
A Acampada pola Vivenda de Vigo aumenta e afronta as primeiras choivas da tempada
As máis de 30 persoas que fan noite alí prepararon as tendas e os toldos para resistir as
inclemencias meteorolóxicas
GaliciaXa
Ecoloxistas en Acción Galicia lanza "Bota contas. Paga a pena" para visibilizar o custo da crise ecolóxica
A campaña audiovisual, presentada polo Día Internacional contra o Cambio Climático, busca demostrar como os problemas ambientais afectan á economía doméstica, á saúde e á calidade de vida
Pedro Blanco defende o operativo policial da Coruña e atribúe os disturbios a grupos radicais organizados
O delegado do Goberno eleva a tres os detidos e a trece os axentes feridos tras os altercados rexistrados durante as protestas contra o acto de Santiago Abascal
Taboada celebrará o domingo o III Ciclocros Concello de Taboada con máis de 200 participantes
A localidade instalará un circuíto xunto ao pavillón e ao campo da feira para a terceira proba do Superprestixio da modalidade en Galicia
GaliciaXa
O presidente do TSXG defende “unha Xustiza aberta á innovación, comprometida coa eficacia e firme na súa independencia”
Ignacio Picatoste interveu no DATAfórum Xustiza, que se celebra ata o venres na Coruña e subliñou que “a modernización debe reforzar as garantías da Xustiza, non debilitalas”
GaliciaXa
Galicia defende no Consello Consultivo de Pesca a estabilidade das cotas no Atlántico e melloras para a frota artesanal
A titular de Mar participou na xuntanza preparatoria do vindeiro Consello de Ministros da Unión Europea, que abordará as posibilidades de captura para 2027 e as modificacións normativas da Comisión
O BNG de Vigo presentará no Pleno unha moción de apoio á Folga Xeral do 11 de novembro
A fronte nacionalista esixe tamén que o Concello cumpra os acordos plenarios de marzo de 2024, en relación a medidas para facilitar o acceso social á vivenda, e tramite xa a declaración de Vigo como zona tensionada
GaliciaXa
Persoal civil de Defensa maniféstase en Marín pedindo a mellora retributiva anunciada polo Ministerio
A CIG aposta por continuar coas protestas “até os compromisos se convertan en feitos”
O Poetry Slam de Bóveda cambia de nome e de sede e pasa a chamarse 'Ultreia Poetry Slam'
A asociación organizadora traslada a actividade cultural a un novo municipio despois de constatar que a maior parte do público e dos poetas participantes procedía de alí, o que obriga tamén a modificar a denominación do evento
O PP sitúa a Santalices como candidato ao Senado por Ourense e a Fabiola García de número dous con Tellado
A configuración das listas, na que traballa o líder estatal do PP, Alberto Núñez Feijóo, obrigará así a reorganizar postos e responsabilidades na política galega
Podemos concorrerá o 29-N en Lugo cunha candidatura propia tras non lograr un acordo coa esquerda galega
A formación presenta as súas listas ao Congreso e ao Senado e reivindica a igualdade de condicións nas negociacións con Esquerda Unida e Movemento Sumar
Lara Méndez acusa á Xunta de desatender os problemas do autobús entre Lugo e A Coruña
A parlamentaria socialista denuncia que 30 usuarios quedaron sen praza no último servizo do día e reclama solucións ante unhas deficiencias que, asegura, se repiten
GaliciaXa
CCOO cuestiona o plan de baixas da Xunta tras detectar 742 accidentes laborais investigados e sancións millonarias ás empresas
Para o sindicato, estas cifras evidencian que o Plan integral para a mellora da prevención, o benestar laboral e a reincorporación saudable ao traballo en Galicia (2026-2029) parte dunha premisa errada
O sector do metal de Lugo volve á rúa e ameaza con tres novos paros se non hai acordo
A manifestación convocada pola CIG, CCOO e UXT percorreu o centro da cidade para reclamar avances nos convenios do siderometal e do comercio do metal
O FaCeLa Fest regresará a Lugo do 5 ao 9 de maio de 2027
O festival de música independente celebrará a súa 11ª edición cun cartel e uns escenarios aínda por confirmar, tras reunir 18 bandas na última convocatoria
Sober acolle unha xornada sobre o futuro do viño galego centrada na calidade diferenciada e no apoio público ao sector
O encontro abordou os retos do sector vitivinícola, desde o relevo xeracional ata a rendibilidade das explotacións, coas denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas como protagonistas
Abascal visita A Coruña entre protestas contra Vox na praza de María Pita
Máis dun millar de persoas se concentran para rechazar a presencia do líder de Vox, mentres uns 200 simpatizantes reuníronse para recibilo no medio dun amplio dispositivo policial
GaliciaXa
Gómez Caamaño subliña que os orzamentos de Sanidade teñen como prioridade a redución das listas de espera
O PSdeG denuncia que 425.942 persoas agardan por unha cita hospitalaria e acusa á Xunta de non dar solución ao problema
Dez locais de Foz participan na Oktober Fest os días 23 e 24 de outubro
A iniciativa, organizada por AciaFozCCA, ofrecerá diferentes variedades de cervexa e tapas especiais para dinamizar a hostalaría local e dar a benvida ao outono
Últimos días para visitar ‘Mudanza’ de Ira Lombardía no Museo de Pontevedra
A exposición forma parte o proxecto Infiltracións, comisariado por Iñaki Martínez Antelo, no que en decembro se inaugurará unha nova proposta, neste caso de Berio Molina




