GaliciaXa
Case un millón de euros para renovar por completo as redes e as beirarrúas da Almuzara en Boborás
O proxecto contempla a substitución das canalizacións de abastecemento, saneamento e pluviais, así como a construción de novas beirarrúas nesta travesía
O Vicedo volve saír á rúa para reclamar dous médicos permanentes no centro de saúde
A veciñanza continúa coas mobilizacións iniciadas en novembro de 2023 e advirte de que as dificultades para cubrir ausencias e vacacións agravan as carencias na atención sanitaria
Vilalba inaugura as festas co pregón de Daniel Veiga e a entrega do premio literario a Jacobo Paz Limia
A gala converteuse nunha primeira gran cita das festas patronais, poñendo en valor dúas das expresións culturais máis arraigadas na vila
Riotorto prepárase para a quinta edición da súa Baixada de Carrilanas
Hoxe luns, 31 de agosto, será o último día para inscribirse na proba
O proxecto Re-Habita Rural Lab tramita xa máis de 300 solicitudes para impulsar a rehabilitación de vivendas no rural ourensán
O programa, no que participan nove concellos de Ourense, atendeu presencialmente o 80 % das consultas e ofrece asesoramento sobre as axudas dispoñibles
A XIV Ruta 4X4 da comarca de Sarria xa ten data: será do 20 ao 22 de novembro
A cita, organizada por Os Carro X Catro Sarria, reunirá todoterreos, buggies, quads e motos nun percorrido por diferentes concellos da comarca, con arredor de 400 vehículos
GaliciaXa
Morre María Pardo, a exedil de Urbanismo de Santiago que deixou a súa pegada na transformación da cidade
A antiga concelleira do PP, que tamén foi responsable de Vivenda, Rehabilitación, Cidade Histórica e Parques e Xardíns, faleceu aos 58 anos tras unha enfermidade
As escavacións de Penas do Caldeiro buscarán novos gravados e pegadas de actividade humana
A campaña arqueolóxica, dirixida pola profesora da USC Pilar Prieto, desenvolverase ata outubro na parroquia de Santa María Madalena de Adai, no Corgo
Historia, paisaxe e lendas: Camiño Real da Carba
O itinerario que atravesa Xermade conserva elementos históricos, paisaxes de montaña e espazos de gran valor
GaliciaXa
O PSdeG acusa o PP de abrir o curso político sen propostas para Galicia e centrado nos ataques á esquerda
A secretaria de Organización do PSdeG acusa a Feijóo de "facer campaña coa dor de Ceuta" e de "sementar dúbidas sobre as Forzas Armadas para pescar no caladoiro da ultradereita"
A historia de Dragon Ball a través do coleccionismo chega a Lugo con pezas de máis de tres décadas
A mostra reúne desde os primeiros cómics distribuídos en España nos anos 90 ata material xaponés, figuras, tazos, fotogramas orixinais e moedas de colección
Xermade acollerá este mes o XXVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
O encontro, que terá lugar os días 18, 19 e 20 de setembro, contará coa presenza de Pierre Cornélis, Kevin Hutson, Paulo de Tarso e Lolo Castro
Castro de Rei remata coa malla a celebración da súa tradición agraria
A asociación Amigos da Feira organiza un programa que combina demostracións etnográficas, artesanía, música tradicional e gastronomía popular
GaliciaXa
Gandeiros galegos reclaman entrar de inmediato nas mesas de control da Lei da Cadea Alimentaria
Consideran que non é posible garantir un control efectivo se os profesionais que traballan a terra e coidan do gando non están presentes nas mesas de vixilancia
GaliciaXa
O Festival de la Luz reúne esta fin de semana en Boimorto grandes figuras da música actual
Chambao, Nena Daconte, La Bien Querida, Ráfaga, Luar na Lubre, La Paloma, Budiño, Cómplices ou Repion forman parte dun cartel ecléctico que combina grandes nomes, artistas galegos e talento emerxente
O Goberno rexeita o parque eólico Satrebares, proxectado entre Lugo e A Coruña, por motivos ambientais
A resolución, publicada este venres no Boletín Oficial do Estado (BOE), baséase principalmente na declaración de impacto ambiental desfavorable emitida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
Monterroso e Antas de Ulla acollerán a segunda etapa da Volta Galicia BTT
A proba, incluída no calendario UCI de categoría S2 BTT Maratón, terá saída e meta na Cúpula de Monterroso e percorrerá 58 quilómetros con catro portos e 1.400 metros de desnivel positivo
Marín levanta a prohibición do baño na praia de Portocelo tras confirmar a boa calidade da auga
Os resultados das probas realizadas descartan a presenza de contaminación por enterococos intestinais e E. coli
GaliciaXa
A Deputación de Lugo lembra o seu compromiso firme coa rede de residencias fronte á "falta de resposta da Xunta"
Sobre os prezos públicos, Rivera Capón lembrou que os 2.200 euros son un prezo de referencia, non o que paga cada residente; a achega se calcula segundo a capacidade económica e patrimonial
GaliciaXa
A Xunta amplía un mes máis as medidas de prevención da Dermatose Nodular Contagiosa
A análise do risco sanitario existente aconsella manter polo de agora as medidas cautelares establecidas na nosa comunidade
Obdulia Taboadela volverá á Subdelegación do Goberno na Coruña para substituír a Julio Abalde
A profesora da Universidade da Coruña e actual deputada do PSdeG asumirá o cargo o 31 de agosto, tras a xubilación do actual subdelegado
O Rally Terra de Galicia levará a emoción dos tramos de terra por oito concellos da provincia da Coruña
A segunda edición da proba celebrarase do 3 ao 5 de setembro, con 358 quilómetros de percorrido e diferentes tramos cronometrados
GaliciaXa
A Guarda prohibe temporalmente o baño na praia de O Muíño por contaminación microbiolóxica
A restrición continuará ata que se coñezan os resultados da contraanálise e se confirme que a calidade da auga volve situarse dentro dos parámetros permitidos pola normativa vixente
GaliciaXa
O PSdeG presenta unha serie de iniciativas parlamentarias para incrementar a taxa de actividade
Carmen R. Dacosta reclama á Xunta incorporar criterios territoriais ás políticas activas de emprego logo de constatar que Ourense e Lugo seguen a ser as provincias coa menor taxa de actividade de España




