GaliciaXa
Tres noites de música urbana levan 15 novos artistas ao parque de Santa Margarida, na Coruña
O Beatout Week celebra a súa sexta edición con rap, pop e electrónica desde este xoves ata o sábado, dentro dunha programación que se estende durante toda a semana
GaliciaXa
Un grupo de investigación da USC afonda nos perigos da Intelixencia Artificial en contacto coa infancia
O traballo analiza diferentes experiencias desenvolvidas nos Estados Unidos e China e expón a necesidade de abordar a incorporación da IA desde unha perspectiva tecnolóxica, educativa, lexislativa e ética
Eduardo Dobarro será o pregoeiro da XXXVI Festa do Pan de Neda
O director de Navantia Ferrol, natural do municipio e fillo e neto de muiñeiros do Belelle, dará o pregón o domingo 6 de setembro
Controlado o incendio de Ponteareas e extinguido o da parroquia de Bóveda, en Lugo
No primeiro caso leva queimadas xa 70 hectáreas mentres que o lugués afectou a tres
O paseo fluvial do río Asma en Chantada reabrirá ao público o venres tras as obras de emerxencia
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil rematou as obras declaradas de emerxencia polo Consello de Ministros para reparar os desperfectos causados polas borrascas do pasado inverno, cun investimento de 463.000 euros
O Palma Futsal golea 6-1 á selección indonesia no partido que pechou o Torneo Terras do Asma en Chantada
O pavillón municipal de Chantada rexistrou un cheo total para presenciar o duelo entre o conxunto balear e a selección asiática, dirixida polo técnico local Héctor Souto
Chantada comeza este xoves cinco días de Festas Patronais en honra á Virxe do Carme
O Concello despraga cinco xornadas de música, tradición e actos familiares, con citas destacadas como o Folión de Carros, o Certame de Bandas ou a Festa da Empanada
Germán Díaz leva a tradición da zanfona galega a un festival internacional en Polonia
O músico e investigador lucense participou en Strefa Liry cunha conferencia, varios seminarios e o concerto de clausura, poñendo en valor o patrimonio musical conservado en Lugo
A Noite Meiga de Sarria pon hora a todas as súas actuacións
O programa definitivo distribúe as actuacións de DeNinghures, Broken Peach, Xosé Lois Romero & Aliboria e Terrae e fixa a Danza da Noite Meiga para a unha da madrugada do sábado
Un incendio forestal afecta a parroquia de Bóveda, nas proximidades da cidade de Lugo
Un helicóptero, dous avións e varios medios terrestres participan no operativo para controlar un lume que permanece activo desde as 16:54 horas
Vigo restaura os históricos canóns da fortaleza do Castro
Abel Caballero anuncia que o Goberno local seguirá coa recuperación da muralla coa retirada da actual cafetería da entrada para deixar á vista a fortificación
A Gala Solidaria da Asociación Bicos de Papel terá unha segunda edición en Ourense
A iniciativa busca recadar fondos para manter os programas gratuítos de apoio ás familias afectadas polo cancro infantil
O BNG reclama máis melloras para o aeroporto de Peinador "en lugar dos parches" de Aena
Chama a un acordo na procura de actuacións estruturais nos accesos, a conexión directa de bus coa cidade, a apertura 24 horas e a modernización tecnolóxica da termina
GaliciaXa
O PSOE acusa á Xunta de abusar da temporalidade entre os traballadores públicos
Carlos López Font denuncia “maltrato sistemático” ao persoal funcionario, provocado pola “falla de planificación, abuso masivo e arbitrariedade” na xestión dos recursos humanos
GaliciaXa
O SLG ve insuficientes os fondos destinados a cubrir as axudas de prevención de danos pola fauna silvestre
O sindicato alerta de que están chegando cartas desestimando as solicitudes de axudas por “esgotamento de crédito”
Lourenzá reúne participantes de sete países arredor da danza e o movemento
O festival desenvolverase do 20 ao 26 de agosto con talleres, encontros, jams e actividades de contact improvisación, algunhas delas abertas á participación da veciñanza
GaliciaXa
ADOS pide doazóns dos grupos A Positivo, A Negativo, 0 Positivo e 0 Negativo
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas
GaliciaXa
Estabilizado o incendio forestal de Ponteareas, tras queimar 60 hectáreas
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal
O PP de Lugo reclama explicacións polos atrasos e deficiencias nas estacións de tren de Lugo, Sarria e Monforte
Os deputados populares esixen ao Goberno “transparencia, responsabilidades e un calendario concreto” para completar unhas actuacións que consideran fundamentais para a mobilidade da provincia
Familia e colectivos de memoria reclaman o recoñecemento de Celso de Poulo en Gomesende
Familiares, veciñanza das comarcas da Limia e Celanova e varias asociacións memorialistas lembraron xunto ao Memorial do Furriolo o último alcalde republicano de Gomesende, asasinado hai nove décadas, e esixiron verdade, xustiza e reparación para todas as vítimas dos paseos
Denuncian ante a Fiscalía a demolición da Casa de Baños de Ourense, integrada no BIC das Burgas
A asociación patrimonial Apatrigal pide que se investigue se o derrubamento do inmoble, ordenado polo Goberno local de Jácome tras un incendio, puido vulnerar a normativa de protección do patrimonio
GaliciaXa
Recuperados e reubicados preto de 500 peixes no río dos Gafos en Pontevedra
A actuación foi realizada por axentes ambientais da Xunta e integrantes de Vaipolorío despois de que o colectivo alertase da mortaldade de peixes provocada pola falta de auga
Graciela Diéguez convértese na primeira muller en asumir a Alcaldía de Viana do Bolo
A nova rexedora substitúe ao socialista Germán García-Ávila, que ocupou a Alcaldía durante os últimos 11 meses en virtude do acordo de goberno alcanzado entre nacionalistas e socialistas
GaliciaXa
Activo un novo incendio en Ponteareas e extinguido outro en Lousame
O incendio pontevedrés iniciouse onte ás 17,39 e supera xa as 20 hectáreas mentres que o coruñés iniciouse ás 17,32 horas do día 14, e finalmente afectou unha superficie de 31,41 hectáreas




