GaliciaXa
Estabilizado un novo incendio en Xermade, que se declarou este domingo
O lume iniciouse ás 16.19 horas e para a súa extinción mobilizouse un amplo operativo integrado por catro axentes, un técnico e oito brigadas
GaliciaXa
A Festa do Pan de Cea volveu reivindicar un dos grandes símbolos gastronómicos de Ourense
A celebración serviu un ano máis para poñer en valor o traballo dos profesionais que manteñen viva unha elaboración centenaria
Trece explotacións lucenses reciben o recoñecemento de Africor polo seu labor na mellora da cabana gandeira
Os premios destacados foron para Láncara, Sarria e O Páramo, pero tamén foron distinguidas explotacións en Castroverde, Pastoriza, Baleira, Carballedo, Guitiriz, O Saviñao e Barreiros
Dúas medallas mundiais poñen ao piragüismo betanceiro no podio internacional
Antón Lagares e Javier Cid, do Club Ría de Betanzos, brillaron no Campionato do Mundo Júnior de canoa disputado en Canadá
Bronce nacional para Noa Álvarez e Carolina Cagiao no Campionato de España co Olímpico do Mandeo
As remeiras do club subiron ao podio no dobre scull infantil feminino, mentres Alexander Pan rematou 12º no skiff infantil masculino
Luis Menor entrega en Outomuro do Veliano de Honra 2026 a Emilio Carlos García Fernández
O presidente provincial participou no acto organizado pola Fundación Carlos Velo, onde destacou o labor do homenaxeado como catedrático e historiador do cinema
GaliciaXa
Galicia podería reducir un 62 % as listas de espera da dependencia grazas ao aumento da financiación estatal
A ampliación dos fondos aprobada polo Goberno de España permitiría incorporar 15.900 novas persoas ao sistema galego antes de finais de 2027
Volve este venres o Critérium Aeronáutico de Galicia coa 40 edición da Volta Aérea a Galicia
Desde o Real Aeroclub de Lugo destacan que, unha vez máis, o Critérium Aeronáutico ofrecerá unha gran variedade de propostas pensadas para achegar a aviación a toda a cidadanía
50 anos educando xeracións: o CEIP Frei Luís de Granada, referente educativo en Sarria
Medio século despois da súa posta en marcha, o centro educativo sarriao mantén o seu crecemento, aposta pola integración e continúa evolucionando para adaptarse ás novas necesidades educativas
A voz dos alcaldes: “Vivir en Begonte deixou de ser un atranco para converterse nunha oportunidade”
O alcalde begontino, José Ulla, ultima a súa cuarta lexislatura con maioría absoluta, ante unha oposición escasa, e non dubida en seguir adiante
O festival Noites do Porto despide a súa sexta edición cun cheo absoluto no histórico Jazz Filloa da Coruña
O recoñecido baterista neozelandés Myele Manzanza ofrecerá dous pases exclusivos para conmemorar o 45 aniversario da sala de jazz máis antiga de Galicia
Piñor homenaxea a Carmiña cun paseo literario e a inauguración dunha mostra sobre a autora
A cita reuniu a numerosos veciños e veciñas, así como amantes da literatura e das novelas de Martín Gaite
Inaugurado na Fonsagrada o Museo Forges coa presenza do ministro Albares
A institución provincial achegou preto de 40.000 euros á creación deste novo equipamento cultural, situado na antiga Casa Consistorial que foi rehabilitada con fondos europeos
GaliciaXa
A Xunta manterá este domingo a alerta vermella por calor en 120 concellos
Suspéndese a actividade deportiva federada no exterior de 12,00 a 20,00 horas no interior da Coruña; no centro, na montaña e no sur de Lugo; no interior de Pontevedra e na zona de montaña de Ourense
Néstor Rego chama desde Melide a participar masivamente no Día da Patria Galega
O BNG realizou un acto enmarcado na campaña previa á festividade, acto no que tamén participaron a voceira municipal, Ana Mosteiro, e a representante de Galiza Nova, Alba Regueiro
GaliciaXa
Besteiro chama ao PSdeG a “saír a gañar” as municipais con orgullo, unidade e mobilización
Reprocha a Feijóo e Rueda que lle fallasen á emigración galega coa Lei de Netos: “Moita morriña nos discursos e moi pouca dignidade cando toca defendelos”
A Deputación achega 356.131 euros á Casa do Mel para construír o novo centro apícola das Pontes
O presidente provincial, Valentín González Formoso, e o presidente da entidade, Manuel Ferreira, asinaron o convenio
Arranca este domingo na Coruña a sétima edición do Atlantic Pride
A Praza de Pontevedra da cidade herculina acollerá a primeira xornada do ‘Orgullo do Norte’, que se estenderá entre ás 20.00 e las 00.30 horas
O PPdeG pide unha base permanente da UME en Galicia e situada en Ourense
A iniciativa parlamentaria no Congreso sinala que a base máis próxima a territorio galego atópase en León, o que implica que “os tempos de resposta que non son os óptimos"
Monforte inaugura a VIII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra con 27 adegas e unha ampla programación
O certame arrancou coa inauguración oficial e o pregón pronunciado por José Manuel Silva Rodríguez, coñecido como Cuqui Silva
O Fest Clásico Ribeira Sacra celebrará a súa oitava edición en Os Peares entre o 23 e o 30 de agosto
O encontro musical contará cun cartel integrado por intérpretes vinculados a institucións e formacións de referencia no ámbito internacional
Unha inscrición sen descifrar en Santo André das Nogais abre novas incógnitas sobre a historia do templo
O Colectivo Patrimonio dos Ancares anima a especialistas a estudar unha epígrafe que podería datar do século IX nunha das igrexas máis antigas da comarca
GaliciaXa
O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas cualifica a colleita de 2025 como “moi boa”
O informe técnico reflicte que, ata o 31 de maio de 2026, o viño verificado correspondente á colleita de 2025 acadaba os 14,24 millóns de litros, o que supón un incremento do 6,92 %
O novo laboratorio do CITIC sitúa á Coruña á vangarda da investigación cuántica internacional
A apertura destas instalacións estratéxicas potencia o liderado tecnolóxico galego e impulsa a transferencia de solucións innovadoras cara ao tecido produtivo




