GaliciaXa
Veciños da montaña lucense mobilízanse en Lugo para denunciar o deterioro da sanidade no rural
A concentración diante do edificio multiusos da Xunta reclamará melloras na atención primaria e o fin do que cualifican como abandono sanitario
GaliciaXa
A Deputación de Lugo impulsa MencIA, unha estratexia pioneira de intelixencia artificial para modernizar a administración pública
O plan 2026-2030 aposta pola soberanía tecnolóxica, o código aberto e a mellora dos servizos públicos con especial atención aos municipios máis pequenos
O Concello dá a coñecer o proxecto piloto da nova iluminación da contorna da Catedral de Santiago
Os tres equipos finalistas —liderados polo proxecto gañador, 'Hermes'— oficializan o resultado do concurso coa presentación dos traballos e entrega do premio no Pazo de Raxoi
A ourensé Josefa Salgado Carballo, nova decana da Facultade de Física da USC
A catedrática substitúe no cargo a Elena López Lago tras ser elixida por 42 votos a favor, 1 en branco e 1 abstención
Preséntase a XXVII Feira do Viño de Valdeorras, que levará ao Barco 22 bodegas con denominación de orixe
Esta será unha edición especial para o sector vitivinícola da comarca, xa que o Consello Regulador está celebrando o 80 aniversario da súa fundación
Funergal consolídase como o principal punto de negocio do sector funerario na Península Ibérica en 2026
A feira internacional, que se celebrará en Expourense do 21 ao 23 de maio, reunirá expositores de 10 países e reforzará o seu papel como espazo profesional de referencia
Recoñecen a excelencia de 103 estudantes do sistema universitario galego cos premios Fin de Carreira
O 63% das premiadas son mulleres, fronte a un 37% de homes e a universidade con máis distinguidos é a de Santiago, con 47, seguida pola de Vigo, con 40, e a da Coruña, con 16
GaliciaXa
O xoves publicaranse as liñas de achegas para a compra de equipamentos eficientes e agricultura de precisión
O importe será, como mínimo, do 40 % dos custos elixibles, e poderá incrementarse ata o 75 % en función dos requisitos que cumpra a persoa solicitante
Greenfiber defende a continuidade de Altri mentres Ulloa Viva esixe á Xunta a súa denegación inmediata
A empresa presenta alegacións tras o anuncio de arquivo do proxecto, mentres a plataforma veciñal intensifica a súa oposición á macrocelulosa de Palas de Rei
GaliciaXa
O PSdeG esixe á Xunta garantías sobre os megaproxectos mineiros
O grupo de traballo do partido, presidido pola deputada e voceira de Industria, Patricia Iglesias, celebrou a súa primeira reunión e esixiu a aprobación inmediata do plan mineiro
GaliciaXa
A Xunta amplía a idade de vacinación do papiloma humano en varóns ata os 25 anos
A pauta consistirá na administración dunha única dose, seguindo as recomendacións vixentes e simplificando o proceso de inmunización
Adai reúne as mellores xogadoras do Estado no Campionato de España Feminino de Billar Pool 2026
A competición celebrarase do 20 ao 24 de maio no Corgo coa participación de 27 deportistas e cunha praza para o Europeo de 2027 en xogo
O Senado esixirá a Sánchez a instalación urxente do sistema láser na A-8 ao seu paso polo Fiouco
A iniciativa recolle tamén a ampliación das balizas antinéboa, o reforzo dos sistemas de detección e análise meteorolóxico e a adopción de todas as medidas necesarias para garantir unha circulación segura
Monterroso e Carballedo reflicten o avance do galego nas inscricións funerarias de Galicia
Un estudo sobre os cemiterios galegos constata o aumento do uso da lingua nas lápidas e esquelas durante a última década
O Festival Aturuxo regresará a Bravos con música tradicional, foliada e dous históricos do seu escenario
A XIV edición celebrarase os días 17 e 18 de xullo con entrada e acampada gratuítas e coa participación confirmada de Tumba e Dalle e A Banda de Balbina
Renfe adianta ao 20 de maio o novo horario do Alvia Lugo-Madrid para reforzar as conexións matinais
O tren sairá de Lugo ás 5.18 horas e permitirá viaxar á capital e regresar no mesmo día
GaliciaXa
A CIG reclama a convocatoria urxente da mesa do convenio estatal de elaborados do mar
A central sindical critica a falta de información sobre o estado do proceso e denuncia “pasotismo, ocultismo e desprezo” cara ao sector por parte das organizacións sindicais estatais e da patronal
O cinema experimental toma cinco espazos da Coruña na nova edición do (S8)
A Mostra de Cinema Periférico celebrarase do 2 ao 7 de xuño con 161 películas, 35 estreas mundiais e unha apertura dedicada aos eclipses
GaliciaXa
Besteiro pide a Rueda apoio ao desenvolvemento do galego na Intelixencia Artificial
O líder dos socialistas galegos reclámalle á Xunta financiamento estable para o desenvolvemento da IA en Galicia e en galego
O Castañazo Rock confirma o cartel completo para a súa edición de 2026
Dez das mellores bandas de rock do panorama nacional subirán ao escenario do Castañazo os días 30 e 31 de outubro.
O PSdeG reclama recuperar servizos sanitarios suprimidos na provincia de Ourense e un plan de reforzo dos hospitais comarcais
A formación socialista centra a súa denuncia no que considera un deterioro progresivo da sanidade pública no rural ourensán, tomando como exemplo o Hospital de Verín
Renfe deixa aberta a porta a recuperar o tren directo entre A Coruña e Barcelona
A compañía analizará a oferta cando rematen as obras da estación de San Cristóbal, mentres os viaxeiros coruñeses deben enlazar en Santiago ou Vigo
GaliciaXa
A CIG denuncia na Inspección de Traballo o accidente mortal dun estudante en prácticas en Vilalba
A central denuncia que a empresa Demaq Galicia non cumpriu a lei de prevención nin podía terlle encomendado tarefas de elevado risco ao operario falecido
GaliciaXa
Narón acollerá unha nova Festa do Correlingua coa participación de catorce centros educativos
A cita reunirá alumnado de catorce centros educativos de Ferrol, Narón, Fene e Neda nunha xornada reivindicativa e festiva que terá como escenario principal o Pazo da Cultura




