GaliciaXa
A CIG-Ensino reclama que se poida estudar galego nas EOI da Mariña lucense
O sindicato pide ampliar a oferta de galego nas Escolas Oficiais de Idiomas e denuncia que a Xunta continúa sen autorizar grupos na EOI de Viveiro, malia as solicitudes do propio centro
A gastronomía galega e a solidariedade únense en Santiago para apoiar a loita contra o cancro
Arredor de 250 persoas participaron na Noite Solidaria contra o Cancro, celebrada no Museo Centro Gaiás para recadar fondos destinados á investigación oncolóxica e á atención de pacientes e familiares
GaliciaXa
Volve o horario de inverno: na madrugada deste domingo 24 os reloxos atrasaranse unha hora
Esta modificación repítese dúas veces ao ano: unha a finais de marzo, cando se adianta o reloxo, e outra agora, en outubro
Mondoñedo recupera o legado de Andrea López Chao, pioneira na defensa das mulleres galegas en Cuba
A mestra mindoniense será homenaxeada polo Parlamento de Galicia o 4 de novembro, mentres que o 27 de outubro se estreará un documental sobre a súa vida e o seu labor educativo e social
Castro de Rei reunirá tradición, gastronomía e vehículos clásicos este domingo na XV Expodegustación da Galiña de Mos
A xornada celebrarase en San Xiao de Mos e incluirá a XII Exposición e Concurso da Raza Galiña de Mos, degustación, música, xogos populares e unha concentración de coches e motos clásicos
O sector pesqueiro analiza en Burela o impacto das restricións mariñas nas frotas artesanais
O proxecto ESPARDE busca avaliar as consecuencias socioeconómicas dos desprazamentos dos barcos e mellorar a toma de decisións sobre a xestión do espazo marítimo
GaliciaXa
Pontón aposta pola ciencia e a investigación “fronte ao negacionismo científico da dereita reaccionaria"
Propón como medidas concretas que a Xunta destine o 3 % do orzamento 2027 á I+D+i e que o Goberno estatal aumente o financiamento do sistema científico galego
GaliciaXa
O Parlamento galego aproba impulsar a recuperación das razas autóctonas con máis axudas aos criadores
A iniciativa do Grupo Popular, aprobada por unanimidade, avoga por novas medidas dirixidas a asegurar o relevo e a viabilidade deste sector estratéxico para a nosa Comunidade
GaliciaXa
A rede provincial de estradas de Pontevedra aumentou o seu tráfico un 3 %, con 1.200 tránsitos ao día
O presidente da Deputación presenta a memoria anual de aforos da rede de estradas provinciais, que recolleu datos de uso do viario en 98 treitos de todos os concellos
Alfonso Molina recibirá unha nova senda peonil e ciclista cun investimento de 5,3 millóns de euros
O Ministerio de Transportes adxudica as obras de integración ambiental da AC-11, que inclúen unha pasarela no enlace de Pocomaco e Matogrande e melloras nas zonas verdes da avenida
GaliciaXa
Néstor Rego apelou a que o 29N ninguén “fique na casa" e asegura que en Galicia "hai alternativa, o BNG”
O deputado nacionalista afirma, nun almorzo informativo en Vigo, que é a única forza que sobe en Galicia
A Xunta Electoral abre un expediente sancionador a Elena Candia por unha visita ás obras do Ceao
O organismo considera que a visita e a nota de prensa municipal vulneraron a neutralidade institucional durante o período electoral e ordena retirar a publicación da web do Concello, segundo denuncia o PSdeG
O Hospital de Ourense forma a 18 residentes galegos en cirurxía da man con material real de quirófano
Dezaoito médicos internos residentes de Traumatoloxía de distintos hospitais de Galicia participan nunha formación que combina teoría con prácticas sobre modelos anatómicos, empregando placas e parafusos como os utilizados nas intervencións reais
GaliciaXa
A Xunta alerta da existencia de metais pesados nas augas de varios puntos de Vigo
O Goberno galego ordena que se investigue a procedencia e se xustifique no prazo dunha semana as intervencións realizadas
O Festival de Jazz de Lugo conmemora o centenario de Miles Davis e John Coltrane con dous concertos
O Círculo das Artes acollerá as actuacións de James Carter Organ Trío, o 5 de novembro, e Erik Truffaz e Antonio Lizana, o día 13
Convocadas mobilizacións en toda Galicia tras o acontecido na protesta contra VOX na Coruña
As concentracións celebraranse o domingo 25, ás 12.00 horas, na Coruña, Vigo, Ourense, Compostela, Lugo, Ferrol e Pontevedra
GaliciaXa
Máis de 200 persoas protestan pola participación dunha asoación israelí no congreso da EGPRN
Denuncia que a presenza destas institucións en congresos científicos europeos contribúe a normalizar a súa imaxe mentres continúa a destrución do sistema sanitario palestino
AnimAVoices busca novas voces infantís en Galicia cunhas audicións en Ribadeo
O proxecto artístico, que combina música, interpretación e produción audiovisual, convoca nenos e nenas de entre 8 e 14 anos o vindeiro 7 de novembro coa colaboración do Concello
GaliciaXa
Premiados seis proxectos no concurso Eduemprende Idea 2026 para fomentar o espírito emprendedor na FP
O Goberno galego destina 12.000 euros en premios a estes galardóns e a posibilidade de que os proxectos se incorporen aos viveiros de empresa en centros educativos
USC e Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas renovan o convenio para financiamento de estudos predoutorais
A sinerxía entre ambas as entidades dá pulo á formación de persoal investigador na Universidade de Santiago de Compostela
Rubén Arroxo levará a experiencia de Lugo en políticas lingüísticas a un encontro europeo en Pamplona
O portavoz do BNG participará nun debate sobre a promoción das linguas minorizadas, no que compartirá iniciativas desenvolvidas durante os sete anos da formación no goberno municipal, como o programa Enredando co Galego
Alternativas na Xustiza denuncia que o 93,55 % do persoal de Xustiza en Ourense se queda sen formación presencial para o novo programa Atenea
O sindicato asegura que só 18 dos 279 empregados xudiciais da provincia recibirán clases presenciais antes de que o novo sistema de xestión substitúa por completo ao actual en febreiro de 2027
As razas bovinas autóctonas de Galicia reciben os seus primeiros galardóns ExceRazas en Coles
O Pazo de Fontefiz acolleu a entrega destes novos premios, que distinguen os criadores de cachena, caldelá, frieiresa, limiá e vianesa polo seu labor de conservación e mellora xenética
GaliciaXa
A Xunta anuncia que conxela as taxas e sube en máis de 22 millóns a subvención reguladora de prezos públicos
As medidas tributarias aprobadas polo Goberno galego puxeron este ano máis de 500 vivendas no mercado de alugueiro




