GaliciaXa
GaliciaXa
Ecoloxistas en Acción cualifica de «farsa» a proposta de crear unha reserva da biosfera entre Fisterra e Baiona
A organización denuncia a falta de criterios ambientais na delimitación do espazo, un plan de xestión xenérico e a ausencia de financiamento
Olalla Rodil chama a secundar a folga xeral do 11N contra a carestía da vida e a precariedade
A candidata do BNG ao Congreso por Lugo apoia a mobilización convocada pola CIG e reclama un plan de choque para facer fronte ás dificultades de acceso á vivenda e á perda de poder adquisitivo
A monfortina Fátima Donado competirá coa súa curtametraxe ‘Capinurí’ no festival internacional PÖFF Shorts
A curtametraxe, rodada na Amazonía peruana, foi seleccionada dentro da competición internacional dun certame con clasificación A-List
Lugo acollerá as II Xornadas Pedagóxicas de Arqueoloxía Lucense
O programa desenvolverase os días 12, 18 e 25 de novembro no auditorio do centro cultural O Vello Cárcere e abordará o mundo dos castros, as orixes da Ribeira Sacra e a muralla romana
Adrián Mosteiro e Carmen Rodríguez imponse na proba raíña do Trail das Bestas de Muras
Nas clasificacións por categorías, Carlos Pernas Parapar levou a vitoria en máster 1, José Manuel Iglesias García fixo o propio en máster 2 e Santi Vázquez Pena foi o mellor en sénior
O Real Colexio Escolapios de Monforte gaña o premio ao mellor documental do eMove Festival
O centro foi distinguido na categoría de 2.º ciclo de ESO por unha peza audiovisual centrada nun proxecto educativo impulsado no propio colexio
UCIN Galicia pide explicacións á Xunta pola nova parada do helicóptero medicalizado de Santiago de Compostela
O sindicato denuncia que o aparello do 061 leva varios días sen operar por problemas documentais, en plena crise económica da empresa concesionaria, e reclama un dispositivo alternativo estable para a Costa da Morte
GaliciaXa
Fronte Ampla propón un plan de rexeneración das rías galegas con fondos europeos
A formación defende captar fondos europeos para frear a mortaldade de bivalvos provocada polo cambio climático e protexer o emprego feminino ligado ao marisqueo
GaliciaXa
As oposicións do Sergas en Silleda rexistran unha participación próxima ao 78 %
Máis de 1.100 aspirantes presentáronse ás probas de acceso a varias categorías do sistema sanitario público, mentres esta tarde está previsto que miles de persoas realicen o exame para o grupo auxiliar administrativo
Besteiro reclama un millón de euros para o deporte feminino nos orzamentos galegos
O dirixente socialista asistiu en Antas de Ulla a un partido da primeira división galega de fútbol feminino para reclamar apoio a esta modalidade deportiva, que segundo os seus datos representa só o 23,5 % dos deportistas federados en Galicia
GaliciaXa
Galicia retoma mañá a extracción de centola e boi tras o período de veda
A actividade retómase na maior parte do litoral galego, aínda que na franxa entre Estaca de Bares e o río Eo a centola non se poderá capturar ata finais de mes
GaliciaXa
Galicia suma 922 novos autónomos en outubro e supera os 205.000 afiliados
A comunidade acumula 1.877 traballadores por conta propia máis no que vai de ano, aínda que o comercio perdeu 518 afiliados desde xaneiro
Cinco artistas homenaxearán a Castelao en Santiago nun encontro sobre o centenario de ‘Cousas’
A xornada rematará cunha mostra de teatro de obxectos a cargo de Inacio Vilariño e cunha actuación musical de Uxía
GaliciaXa
Besteiro vincula o futuro das axudas á gandería galega ao resultado electoral do 29N
O secretario xeral do PSdeG pediu un financiamento agrario europeo que chegue a tódalas explotacións, especialmente ás do interior de Galicia
Tres obradoiros artesáns optan ao Premio Artesanía de Galicia 2026
Obradoiros de Tomiño, Ourense e Cambre compiten por un galardón dotado con 9.000 euros, cuxo gañador se coñecerá o 4 de decembro en Santiago de Compostela
GaliciaXa
Fronte Ampla propón un modelo de Estado federal e plurinacional coa gratuidade da AP-9 como bandeira
A formación propón trasladar sedes institucionais como o Banco de España a Sevilla ou o Defensor del Pueblo a Vigo, dentro dunha proposta de reparto territorial de competencias e institucións
O BNG presenta os seus candidatos da Mariña lucense ao Congreso e ao Senado para o 29N
A formación nacionalista dá a coñecer nun acto celebrado en Foz a composición das súas listas comarcais para as vindeiras eleccións xerais, con representantes de varios concellos da zona
O BNG propón no seu programa para o 29N rematar coas trabas ao galego e reforzar a súa presenza no audiovisual
A formación nacionalista inclúe entre os seus obxectivos electorais a plena normalización lingüística, con medidas para a Administración, os medios audiovisuais e a proxección internacional do idioma
Lugo leva o Arde Lucus ao INTUR de Valladolid
Un grupo de asociacións vinculadas á festa desprazarase ata a feira de turismo de interior para amosar, por primeira vez de forma directa, a recreación histórica lucense fóra de Galicia
GaliciaXa
UGT convoca unha concentración en Silleda coincidindo co exame da OPE de auxiliares administrativos do Sergas
O sindicato reclama o recoñecemento das funcións que desempeña realmente este colectivo e cambios nas condicións da súa categoría profesional
Burela reúne a psicólogos de toda Galicia nas XXXI Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde
O encontro, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, desenvólvese entre o 5 e o 7 de novembro e aborda a sexualidade dende distintas perspectivas profesionais
Santiago de Compostela reúne a especialistas nun congreso sobre o futuro da endocrinoloxía e a nutrición
A cita científica reúne a especialistas para analizar os últimos avances no diagnóstico e tratamento de enfermidades endócrinas, con especial atención á saúde hormonal feminina e a súa relación co risco cardiovascular
Besteiro reclama frear o avance da dereita e a ultradereita en defensa dos dereitos LGTBI
O dirixente socialista participou na gala benéfica de Alas Coruña, na que se entregou o premio Marcela e Elisa ao avogado Mario Pozzo-Citro Comesaña polo seu labor a prol da igualdade e a diversidade
CASA 47 incorpora 104 vivendas de alugueiro accesible en dez concellos galegos
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 7 ao 26 de novembro e os alugueiros oscilarán entre os 350 e os 681 euros mensuais




