GaliciaXa
Premiados sete centros educativos galegos pola promoción do cooperativismo e a economía social
Os galardoados están situados nos concellos de Moaña, Barreiros, Fene, Sanxenxo, Vigo e A Coruña e serán recoñecidos con contías que oscilan entre os 1.500 e os 4.500 euros
O festival feminista Polas Bravas enche Chantada de música, arte e cultura
O festival reunirá figuras destacadas do ámbito cultural e do activismo, como Cristina Fallarás ou Gabriela Wiener, ademais doutras creadoras, artistas e referentes do panorama galego e internacional
Satse sae á rúa en demanda de máis fisioterapeutas e mellores condicións laborais
As concentracións leváronse a cabo no Hospital Lucus Augusti de Lugo, no Piñor en Ourense, no Clínico Universitario de Santiago e no Hospital Montecelo de Pontevedra
GaliciaXa
O TS rebaixa a pena a 4 anos para a extesoureira de Audasa por falsidade documental e estafa
O tribunal estima parcialmente o recurso interposto pola condenada e exclúe a continuidade no delito de estafa
GaliciaXa
Xa se poden solicitar as axudas para tecnoloxías duais en defensa, seguridade e aeroespazo
Desde a súa posta en marcha en 2019, A BFAero leva apoiado 49 proxectos, dos cales 15 son empresas de nova creación
Pontón propón na Estrada elevar o gasto en I+D+i ao 2,5 % do PIB
Aposta por aumentar o peso da industria con proxectos de vangarda que pechen ciclos produtivos e xeren emprego de calidade
O Museo de Pontevedra adquire a maior colección que existe sobre Valle Inclán
Pasará a ser o maior depositario da colección do escritor ao incorporar fondos valorados en preto de 300.000€ que inclúen retratos, cartas, bens persoais e pezas de vestiario e mobiliario
Ourense será sede da fase previa do Campionato de España de clubs sub-16 de fútbol sala
O Academia Futsal Ourense será o encargado de representar a Galicia nesta competición, que se celebra esta fin de semana no Pazo dos Deportes Paco Paz
O CIM móbil continúa o seu percorrido visitando 13 concellos da provincia de Lugo este mes
O novo delegado territorial, Alfonso Villares, visitou hoxe en Xermade un destes centros, que ofrecen información e asesoramento gratuíto en materia de igualdade e violencia de xénero
O PSdeG recoñece a Fademur Galicia e á investigadora Aurora Marco nos VII Premios de Igualdade
A cita terá lugar este domingo en Ourense e contará coa participación de entidades e persoas vinculadas ao ámbito da igualdade e a investigación feminista
A UCIN propón que Santiago albergue a sede central da Policía Nacional en Galicia
José Luis Calo reclama unha aposta estratéxica do Estado para reforzar a seguridade e os servizos policiais na capital galega
Lugo acollerá a gran final da I Serpe Golden League con preto de 500 mozos judocas
A competición reunirá este sábado deportistas de Galicia e doutras comunidades nun evento que busca promover os valores do deporte desde a base
Marisol Bravos presentará en Madrid o seu libro sobre unha vida marcada pola superación e a inclusión
A autora compartirá na Casa de Galicia a súa experiencia vital, condicionada pola poliomielite, e celebra os avances logrados en materia de accesibilidade
Santiago informa da redución de máis do 43 % dos pisos turísticos en pouco máis dun ano
O Concello de Santiago pon en marcha un servizo de información e asesoramento en materia de alugueiro
Down Vigo recibe a placa de Provincia +Inclusiva tras incorporar melloras de sinalización e accesibilidade cognitiva
A Deputación de Pontevedra concedeu á entidade unha subvención co obxectivo de acometer un proxecto de apoios visuais para os seus usuarios
A CIG apoia o proxecto de SAIC para Ferrol e As Pontes e que non sexa "outro acto de propaganda"
A central agarda ademais que o novo modelo industrial non herde as fórmulas de precarización laboral do modelo Stellantis
GaliciaXa
Centos de persoas únense á marcha pola dignificación do sector da discapacidade e menores de 3 anos
A marcha, que coincidiu cun paro parcial de 6 horas, partiu do Monte do Gozo cara San Caetano na que constituíu a última etapa do “Camiño de Santiago reivindicativo”
GaliciaXa
O Educar en Xustiza pecha o curso cunha participación récord de 11.000 estudantes
O programa desenvolveuse en 28 partidos xudiciais, aos que se desprazaron escolares de 197 centros galegos, un 30 % máis que o ano anterior
GaliciaXa
Nove concellos recibirán axudas para retirar símbolos franquistas e recuperar memoria democrática
A Deputación da Coruña presentou en Arzúa a resolución provisional dun programa que apoia proxectos de divulgación, homenaxe ás vítimas e sinalización de espazos de memoria
GaliciaXa
Toma posesión Salvador Mariño-Ageitos como director de Atención Primaria
Gómez Caamaño incide que a nova dirección asegurará a coordinación, o seguimento continuo e a correcta execución da reforma da atención primaria
GaliciaXa
Allegue aposta por volver ao acordo do Parlamento para permitir a transferencia da AP-9
Reivindicou que Galicia quere a transferencia, pero “sobre a base da vontade expresada na Cámara, non a calquera prezo”
GaliciaXa
O Ministerio de Educación concede a Galicia máis de 19,6 millóns para seis programas de apoio educativo
Trátase dos programas de cooperación territorial de reforzo da Competencia Lectora, reforzo da Competencia Matemática, dous de Educación Inclusiva, PROA+ e Benestar e Protección nos centros educativos
O Goberno formaliza as obras de saneamento e a EDAR de San Cibrao das Viñas cun investimento de 31 millóns
A actuación permitirá mellorar a rede de colectores e a depuradora do municipio para reducir os vertidos ao río Barbaña
O Concello de Monforte presenta o proxecto de ampliación do Polígono do Reboredo
O plan prevé reordenar e ampliar o solo industrial en case 53 hectáreas e crear máis de 165.000 metros cadrados de novos espazos




