GaliciaXa
PRODUART volverá converter Burela no escaparate dos produtos do mar, da terra e da artesanía
A Nave de Redes do Porto acollerá do 31 de xullo ao 2 de agosto unha nova edición da feira, con entrada gratuíta, degustacións e unha ampla representación de produtores e artesáns
A CHMS continúa coa retirada de arrastres e restauración de leitos en Viana do Bolo
Os traballos comezaron dous días despois dos temporais na zona máis afectada, Pradocabalos, na que se procedeu á retirada de gran cantidade de troncos arrastrados polas choivas
Presentan a nova edición do festival SonRías Baixas de Bueu, que arranca este xoves
Trátase dun evento que terá lugar no recinto das Lagoas coa asistencia dunhas 30.000 persoas
Vigo inicia a montaxe das luces de nadal cun gran acto
Será unha nova edición na que “vai haber grandes novidades” e más de 12 millóns de luces LED, anuncia o alcalde desde a Porta do Sol
O Pazo de Meirás queda inscrito definitivamente como patrimonio público e Sada pide abrir unha nova etapa
O Concello reclama ao Estado activar a cooperación entre administracións para garantir a apertura estable do inmoble e convertelo nun referente da memoria democrática
Roberto Lolo: “Sarria é o corazón da maxia, porque o festival faise con máis corazón que capital”
Roberto Lolo dedica a edición deste ano á memoria do seu pai, Herminio Lolo, figura clave na historia do festival, que recupera o seu formato habitual de catro días con 17 artistas e estrea un espectáculo de maxia para bebés
O Xeoparque Cabo Ortegal afronta a avaliación da UNESCO para renovar o seu recoñecemento internacional
Os avaliadores da UNESCO visitaron San Sadurniño para coñecer espazos naturais, patrimoniais e proxectos locais vinculados ao territorio
San Cibrao prepárase para celebrar a 41ª Maruxaina cun amplo programa de tradición, música e lecer
A chegada da lendaria Maruxaina á Praia do Torno volverá ser o momento central dunha festa que contará con actividades para todas as idades e un amplo dispositivo de seguridade
Candela Castro e Gonzalo Caparrós consolidan a Ourense entre a elite da loita española
Os deportistas do Club de Loita Atila pecharon unha brillante tempada con títulos nacionais, medallas e a convocatoria coa selección española para competir no Gran Premio de España
Interior Galego Vivo renova a súa dirección e aproba unha folla de ruta municipal de cara a 2027
A formación, integrada na coalición Agora Galicia, aposta por reforzar a súa presenza institucional e afrontar desafíos como o despoboamento, os incendios forestais e a desigualdade social
GaliciaXa
O taekwondo galego pecha o Open de Portugal con 20 medallas e o subcampionato júnior por equipos
Na categoría sénior, Galicia logrou un total de sete medallas, con dous títulos e cinco bronces
Regresa a Ferrol en agosto unha nova edición de Equiocio
Desenvolverase do 6 ao 9 de agosto no Campo das Cabazas de Covas, considerado un referente da hípica e do lecer familiar
Vigo pon en marcha a nova potabilizadoras, unha das máis avanzadas do mundo
A planta incorpora tecnoloxía pioneira de ultrafiltración, reforza a seguridade do abastecemento para o próximo medio século e fornece auga a Vigo e a outros cinco municipios da súa contorna
GaliciaXa
A Xunta investirá 29 millóns de euros na actividade científica de 149 grupos de investigación
A Consellería de Educación apoia os equipos máis competitivos do sistema da I+G+i: 65 na USC, 35 na UVigo, 27 na UDC e 22 noutras entidades de investigación
O Verbena Fest 2026 encherá Sarria de música con nove actuacións entre o 31 de xullo e o 1 de agosto
A Terraza O Meigallo acollerá a oitava edición do festival, con concertos en dous escenarios e sesións vermú no Don Pepe
A IX Bienal Cromática recoñece a Helena Marqués como gañadora do certame de pintura nova
O xurado premiou por unanimidade a obra "Albarrana" e concedeu cinco accésits a artistas de Galicia e da Comunidade Valenciana
GaliciaXa
O nivel de alerta por episodio de calor para o mércores será amarelo na zona de Valdeorras
A Consellería de Sanidade lembra os principais consellos e recomendacións que debe seguir a poboación
GaliciaXa
Lara Méndez advirte de que a programacion do Xacobeo leva un ano de retraso
Reuniuse hoxe co novo comisario, que foi nomeado a só sete meses do inicio do Ano Santo, cando a súa antecesora para o 2021-2022 tomou posesión do cargo cunha marxe de case tres anos
GaliciaXa
Ferrol prepárase un ano máis para as súas festas, que terán lugar a partir do 21 de agosto
Vanesa Martín, Siloé, Budiño, Leire Martínez e Paula Koops, entre outros artistas e bandas, actuarán ao longo dos 10 días de celebración
Ferrol acollerá en setembro a 39ª Copa Galicia Sénior Feminina de baloncesto
O torneo reunirá ao Baxi Ferrol, Durán Maquinaria Ensino, Celta Femxa Zorka e Sparking Truth Maristas Coruña na Malata
A voz de Spandau Ballet soará por primeira vez en Galicia nas Festas de María Pita
Tony Hadley actuará o 16 de agosto na praza de María Pita cun concerto gratuíto no que repasará os grandes éxitos da banda británica e da súa carreira en solitario
Lugo perde a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública en favor de Zaragoza
O Goberno local de Lugo considera que a cidade foi prexudicada por un proceso "político", mentres os socialistas reclaman manter a ambición para captar novos proxectos estatais
Os concelleiros socialistas de Carballeda de Avia rexeitan a proposta de fusión con Ribadavia
Apostan por explorar outras fórmulas de colaboración entre administracións que permitan compartir servizos, mellorar a xestión, optimizar os recursos públicos e acceder a novas oportunidades de financiamento
GaliciaXa
O PSdeG alerta ao PP que non se pode pechar en un mes un plan da ligua que leva sen facer 17 anos
A portavoz socialista de Cultura reunirase ao longo do mes coa RAG, o Consello da Cultura Galega, Nova Escola Galega, as ANPAS e os sectores audiovisual, editorial, científico ou da avogacía




