GaliciaXa
GaliciaXa
Alerta amarela por calor esta tarde en varias zonas de interior das tres provincias
En concreto, prevese alcanzar os 38 graos na zona do Miño en Ourense. As máximas estarán en torno aos 36 graos no sur e noroeste de Ourense, así como no sur de Lugo
GaliciaXa
A CIG-Administración Autonómica denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega
O sindicato critica que os 18 postos da relación de postos de traballo estean configurados a media xornada e con só sete meses de actividade anual
As escolas infantís municipais da Coruña volven á rúa ante o conflito pola súa xestión e as condicións laborais
Traballadoras e ANPAs sairán á rúa este xoves 17 de setembro ás 19.00 horas no Obelisco para reclamar solucións nun conflito que se arrastra desde hai meses
O Festival de Cine de Roca anuncia as curtametraxes finalistas da súa nova edición
As obras serán proxectadas o sábado 19 de setembro na Igrexa de Roca, ás 20.30 horas no caso das producións galegas e ás 22.00 horas no das non galegas
Un milleiro de corredores toman Os Castros, O Castrillón e Eirís na Volta a Oza
Jorge Sieira e Noa Mirantes impoñéronse na categoría absoluta na quinta proba do circuíto Coruña Corre, que regresou tras o parón do verán
“Se tes o soño de chegar ao primeiro equipo, pódese conseguir”
Diego López, excapitán do Racing Villalbés, que volve ao seu club de orixe
O día en que Ourense entrou no quirófano
300 persoas seguiron en directo, desde unha butaca do Teatro Principal, a reconstrución dun ligamento cruzado en tempo real, nunha experiencia pouco habitual de achegar a cirurxía ao público xeral
GaliciaXa
A Xunta convocará con carácter retroactivo as axudas para rehabilitación edificatoria
A conselleira lembrou que estas axudas están destinadas á rehabilitación de edificios, vivendas unifamiliares e actuacións dentro de vivendas situadas en edificios
Ebony Joy Phillips, unha voz afroamericana que atopa en Foz un novo lugar para crear
A cantante estadounidense inicia desde A Mariña unha nova etapa artística con Ébano Acústico, un proxecto no que regresa á sinxeleza da voz e da guitarra para reinterpretar soul, blues, rock e pop sen afastarse das súas raíces
GaliciaXa
A CIG-Ensino acusa a Xunta de levar 17 anos sen avaliar a súa política educativa
O sindicato sostén que o profesorado leva anos advertindo do deterioro do ensino e critica a falta de revisión das políticas sobre persoal, dixitalización, plurilingüismo, diversidade ou formación docente
A USC crea unha Cátedra de Memoria Democrática para investigar a represión franquista e divulgar os valores democráticos
A iniciativa estará dirixida polo historiador Emilio Grandío e promoverá investigacións, actividades formativas e accións para recoñecer o persoal universitario depurado durante a Guerra de España e a posterior represión
A artesanía galega reúne 16 profesionais na rúa da Raíña de Lugo esta fin de semana
A Feira Galega de Artesáns celebrarase os días 12 e 13 de setembro e permitirá coñecer de preto diferentes oficios, técnicas e creacións feitas en Galicia
GaliciaXa
O crecemento dos autónomos estranxeiros evita que Galicia perda máis de 7.000 afiliados ao RETA desde 2022
A alta de traballadores estranxeiros por conta propia medrou un 49 % en catro anos, mentres que os autónomos de nacionalidade española diminuíron en 7.091
GaliciaXa
Cogami inicia o curso con formación inclusiva para profesorado e familias
No que levamos de ano, Red DUActiva chegou a 50 centros educativos e 30 entidades, ademais de formar 325 docentes e sensibilizar a preto de 1.400 alumnas e alumnos
O Repsol EcoRallye A Coruña bate o seu récord de participación no décimo aniversario
A proba reunirá 57 equipos do 17 ao 20 de setembro, con 43 vehículos 100% eléctricos e destacados nomes do automobilismo internacional
GaliciaXa
A reitora da USC reivindica “o espazo, o tempo e a voz” da Universidade no novo curso
A lección maxistral correu a cargo do catedrático Jesús F. Salgado Velo, que abordou a relación entre o xuízo experto e os algoritmos na selección de persoal e na adquisición de talento
Traballadores de Fresno Metal mobilízase contra a represión laboral e os despedimentos
Nos últimos meses, a empresa botou a máis dunha ducia de persoas que participaron activamente na folga do metal da Coruña
Fallados os VII Premios á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia de Lugo
Os premiados son os viños de Ribeira Sacra, torneiros de Xermade, Enfariñada de Trabada, Ruta Arqueolóxica e a Feira Indiana de Santaballa
GaliciaXa
Os sindicatos médicos anuncian unha gran folga estatal indefinida a partir do 28 de outubro
O obxectivo da mobilización é conseguir un marco propio que recoñeza a singularidade, a responsabilidade e as especiais condicións de formación e exercicio da profesión médica e facultativa
CCOO advirte de que Ence estará «abocada ao peche» se non se executan os investimentos do Plan Avanza
Ángeles Vázquez animou o tecido industrial galego a apostar pola reutilización da auga nos procesos produtivos para reducir a súa pegada ambiental e contribuír a garantir o abastecemento
GaliciaXa
A CIG denuncia que a Xunta “discrimina” na carreira profesional ás traballadoras con redución de xornada por conciliación
O sindicato cuestiona ademais os mecanismos de control e aplicación das políticas de igualdade dentro da Administración autonómica
Aspanaes estrea nova sede na Coruña para ampliar a atención a máis de 300 persoas con autismo
A Deputación achegou 261.360 euros para financiar o 80% da adquisición do novo local, de 510 metros cadrados, situado na contorna de Espacio Coruña
O alugueiro modérase na Coruña, pero a zona tensionada segue rodeada de dudas e críticas
O Gobierno de Inés Rey asegura que os prezos frenaron a súa escalada un ano despois da declaración, mentres a oposición cuestiona a redución da oferta e reclama máis vivenda pública
As Gándaras incorpora case 220.000 metros cadrados e 39 novas parcelas tras un investimento de 8,5 millóns
Elena Candia, ademais, anunciou novas obras de abastecemento, un aparcadoiro de entrada e un servizo de conciliación para mellorar os servizos do parque empresarial




