GaliciaXa
O OUFF proxectará en exclusiva o primeiro capítulo de 'Las hijas de la criada' coas súas protagonistas en Ourense
A sección Fóra de Serie do festival acollerá o pase especial do primeiro episodio desta produción baseada na novela de Sonsoles Ónega, Premio Planeta 2023, coa presenza de dúas das súas actrices o 30 de setembro
Concentrix suma 79 despedimentos na Coruña e xa son 154 as saídas previstas este verán
O segundo ERE da multinacional péchase sen acordo tras oito reunións, mentres a representación da plantilla prepara a resposta ao expediente
O Fest Clásico Ribeira Sacra continúa esta fin de semana en Chantada, Nogueira, Quiroga e Os Peares
O festival, que comezou o pasado domingo, levará a música clásica a distintos espazos da Ribeira Sacra ata o domingo 30 de agosto
Máis de vinte afectados por un brote de sarna na residencia DomusVi de Monforte
A CIG denunciara este mércores a existencia do brote, que segundo o sindicato se prolonga desde hai máis de dous meses, así como a falta de persoal no centro
GaliciaXa
Esta madrugada, Galicia poderá contemplar unha eclipse parcial de Lúa próxima á totalidade
Poderá observarse sen necesidade de empregar lentes especiais nin outro tipo de protección para os ollos, xa que a observación directa dunha eclipse lunar é segura
Distribúen máis de 400.000 unidades de semente de bivalvos para apoiar a recuperación dos bancos marisqueiros
As entregas realizadas nos últimos días culminaron hoxe coa distribución de 15.000 unidades de ameixa babosa á Confraría da Coruña
A Xunta anuncia agora 1,4 millóns para ampliar o colexio de Carral tras meses de reclamacións da comunidade educativa
O proxecto, que estaba previsto inicialmente con 800.000 euros para 2026, non se licitará ata o primeiro trimestre de 2027 e chega despois das protestas das familias pola falta de espazos e persoal de apoio
GaliciaXa
As Malvinas pechan de inmediato a campaña do calamar na que faenan 16 arrastreiros galegos
A escaseza do recurso e o descenso da biomasa detectado polos biólogos obrigaron a suspender a actividade no caladoiro ata 2027
GaliciaXa
UCIN Galicia reclama á Xunta un plan integral para frear o despoboamento e garantir os servizos no rural
A formación considera que o descenso do número de habitantes non pode afrontarse unicamente co peche de centros educativos por falta de alumnado
GaliciaXa
Critican as obras realizadas na illa de Ons por converter un espazo protexido nun reclamo turístico
Un dos puntos que suscita maiores críticas son os accesos ao barrio do Curro, onde se instalou un novo empedrado acompañado de diferentes elementos de mobiliario e balaústres de granito
GaliciaXa
A Costa da Morte activa este xoves a alerta amarela por temporal no litoral
As temperaturas, pola súa banda, experimentarán un lixeiro ascenso respecto ás rexistradas nas últimas xornadas
Budiño leva este sábado a Chantada o seu espectáculo “Branca Vela”
O concerto terá lugar este venres, 28 de agosto, na Praza de Galicia
Lydia Pérez fai historia coa medalla de prata nos Xogos do Mediterráneo de Taranto
A deportista galega cumpriu os prognósticos e logrou acceder á final da súa categoría a pesar de competir condicionada por importantes problemas gástrico
Monforte inaugura a súa XXVII Feira do Libro, que reúne sete casetas e catro xornadas de actividades
A rúa Cardeal convértese ata o sábado nun punto de encontro coa literatura, con presentacións, sinaturas, contacontos e espectáculos para todos os públicos
A tormenta deixa máis de 1.000 raios, fortes choivas e un acusado descenso das temperaturas en Galicia
As precipitacións provocaron tamén inundacións puntuais en varias rúas da cidade da Coruña, incluído o paseo marítimo, e afectaron o recentemente inaugurado mercado de Monte Alto
Un drakkar de inspiración vikinga fará escala en Sada esta fin de semana
O Orkan chegará á localidade o sábado 29 de agosto dentro dunha expedición de seis semanas polas costas de Portugal e Galicia
Un programa pioneiro prepara a persoas autistas para acceder ao emprego público a través das oposicións
ASPERGA pon en marcha en A Coruña unha iniciativa que combina formación específica, técnicas de estudo adaptadas e acompañamento individualizado para facilitar a preparación dos procesos selectivos
GaliciaXa
O PSdeG critica ao PP por ser "incapaz de ver as realidades do sistema público de saúde"
Tamén sinalou os casos de PACs desbordados en Cambados ou Viveiro, todos eles provocados por unha crecente demanda asistencial
O BNG de Vigo esixe explicacións de Caballero polo novo peche de praias por contaminación
Tacha de “insulto á intelixencia” que o Goberno municipal culpe ás choivas das verteduras de augas fecais e reitera a urxencia de actuacións na rede de saneamento
Crean unha oficina itinerante para informar á mocidade do rural sobre emprendemento e melloras laborais
O programa bota a andar este mesmo venres, día 28, no municipio lugués de Palas de Rei, e continuará o vindeiro luns, 31 de agosto, no concello ourensán de Celanova
GaliciaXa
Continúa a alerta por escaseza de auga nos sistemas dos ríos Lérez e Anllóns e na Costa da Coruña e Baiona
Os técnicos manteñen estes escenarios ante a persistencia de indicadores de escaseza en valores baixos
A toma de mostras do proxecto Xenoma Galicia chegará a Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras o 7 de setembro
Enviáronse 2.706 invitacións por SMS á veciñanza dos tres distritos sanitarios, co obxectivo de sumar 541 novas participacións a este programa de cribado xenético
O PSdeG denuncia un ataque con pintadas ofensivas contra a súa sede do Vicedo
A formación presentou unha denuncia ante as forzas de seguridade e lembra que o pasado 14 de agosto a Casa do Pobo de Foz tamén sufriu un acto vandálico coa rotura dun dos seus cristais
Un apagón de case 20 horas deixa sen luz a miles de veciños dos concellos das Mariñas
A avaría afectou a uns 3.500 usuarios de varios municipios, entre eles Abegondo, Carral, Oza Cesuras, Curtis e Ordes, e tamén provocou problemas de cobertura móbil e subministración de auga nalgunhas zonas




