GaliciaXa
GaliciaXa
CCOO denuncia que máis de 25.000 persoas traballan horas extra sen cobrar en Galicia
O sindicato estima que esta situación supón unha perda de 194 millóns de euros anuais en salarios e cotizacións e reclama reforzar a Inspección de Traballo
Lalín converterá a eclipse do 12 de agosto nunha gran celebración cultural e astronómica
A Deputación de Pontevedra colaborará coa programación do Concello, que incluirá máis de sete horas de actividades e o concerto de Fillas de Cassandra no Altar do Sol
Novo intento para desbloquear o convenio da hostalaría da Coruña antes da folga do 12 de agosto
CCOO, CIG e UGT dan un novo paso na negociación antes da folga e instan á patronal a presentar unha proposta
GaliciaXa
O PSdeG reclama á Xunta de Galicia un Observatorio das Mulleres Rurais e do Mar con máis recursos e independencia
Paloma Castro pide incorporar as alegacións do sector ao decreto en tramitación e critica os atrasos no cumprimento dos acordos parlamentarios sobre igualdade
ADEGA pide á Xunta de Galicia máis control na xestión dos residuos da construción e descarta a necesidade de novas plantas
A organización ecoloxista asegura que Galicia dispón dunha capacidade de tratamento moi superior ás necesidades actuais e reclama reforzar a inspección e o seguimento das instalacións existentes
Monforte recibe a Volta Aérea á Península con 30 aeronaves e 60 participantes
O aeródromo das Lamas convértese durante tres días nunha das sedes principais deste evento internacional, que combina voos de navegación e promoción turística da Ribeira Sacra
Medio Rural ampliará en 4 millóns de euros as axudas para investimentos na transformación e comercialización de produtos agrarios
A liña destinada a incrementar o valor das producións agrarias alcanzará os 15 millóns de euros, mentres que a convocatoria incorpora por primeira vez unha partida específica para actuacións ambientais
Medra a preocupación polo futuro de seis escolas infantís municipais da Coruña a poucas semanas do inicio do curso
As familias denuncian falta de información e incerteza sobre os proxectos educativos e a continuidade dos equipos que levan máis de dúas décadas á fronte dos centros
GaliciaXa
Galicia fronte á calor e aos incendios
Xuño bateu récords históricos en Europa occidental, xullo mantivo a sucesión de ondas de calor e os incendios volveron evidenciar que o cambio climático xa condiciona un territorio tradicionalmente asociado a un clima suave
A Coruña licita cinco novas rutas aéreas desde Alvedro para reforzar a conexión con grandes cidades españolas
O contrato, valorado en máis de 6,5 millóns de euros, inclúe voos a Málaga, Valencia, Bilbao, Sevilla e Alacante, ademais dun plan de promoción turística da cidade
O PPdeG reivindica en Verea o apoio da Xunta á conservación das razas autóctonas galegas
Os deputados Cristina Campero e Miguel Viso visitaron unha explotación de raza Limiá e destacaron a convocatoria de axudas de 390.000 euros para fomentar a recría de ruminantes ameazados
GaliciaXa
A Deputación da Coruña recoñece 20 proxectos culturais polo seu impacto social con axudas de ata 6.750 euros
A segunda edición dos Premios a Proxectos Culturais Singulares repartirá un total de 90.000 euros entre iniciativas centradas na inclusión, a memoria, a innovación e a participación comunitaria
GaliciaXa
O PSdeG acusa á Xunta de atrasar a transferencia da AP-9 e reclama abrir a negociación
Patricia Otero critica a petición dunha comisión bilateral previa e insta ao Goberno galego a convocar a Comisión Mixta de Transferencias
GaliciaXa
O CiTIUS da USC intégrase na nova rede estatal de excelencia en intelixencia artificial responsable
Dez universidades españolas impulsan ConfIA para reforzar a investigación, a captación de talento e o desenvolvemento dunha IA segura, transparente e aliñada cos valores europeos
Fiscalía abre dilixencias para investigar a denuncia presentada por Pacto Frente Eólicos sobre a xestión do Concello do Saviñao
A plataforma asegura que a investigación está en marcha tras apreciar indicios de posibles delitos contra a Administración Pública e afirma que xa se practicaron as primeiras dilixencias
GaliciaXa
A sarriá María Carretero inicia en Lanzarote a conmemoración do 30 aniversario da escultura ‘Homenaxe ao Peregrino’
O acto celebrouse na histórica Sociedade Democracia de Arrecife e serviu para divulgar unha das obras máis emblemáticas de Sarria vinculadas ao Camiño de Santiago
Vigo acollerá a estrea especial do documental 'Beauty' na previa dunha nova edición do Marisquiño
O filme, rodado durante o festival de 2025, regresará á cidade cunha proxección gratuíta e coa gravación de novas escenas para unha futura longametraxe
CCOO, UGT e CIG denuncian presións en empresas da hostalaría para desactivar a folga do 12 de agosto
Os sindicatos aseguran que algúns establecementos ofrecen subas salariais condicionadas a non secundar o paro e critican que a patronal segue sen presentar unha proposta de convenio
A Deputación de Pontevedra lanza o circuíto Entre Pontes Trail & Running con seis probas entre setembro e novembro
A iniciativa combinará carreiras urbanas, trails, andainas e actividades familiares en seis concellos da provincia
As traballadoras do SAF de Muxía denuncian problemas organizativos e reclaman maior control das administracións
O persoal asegura que persisten deficiencias na xestión do servizo e advirte de que a situación afecta á atención das persoas usuarias
O PP destaca en Sober o apoio da Xunta aos concellos rurais para reforzar o servizo de socorrismo durante o verán
Na comarca de Lemos, Sober, Quiroga, Pantón e O Saviñao recibiron un total de 18.575,87 euros para financiar a contratación de socorristas nas piscinas municipais
O BNG de Vigo propón uns orzamentos participativos para que a cidadanía decida parte dos investimentos de 2027
A formación nacionalista critica a elevada inexecución das contas municipais e reclama que veciñanza e colectivos sociais participen na definición das prioridades da cidade
GaliciaXa
ADEGA critica a nova emerxencia cinexética do xabarín e advirte de riscos para a seguridade
A entidade ecoloxista considera que a medida carece de base técnico-científica e cuestiona a autorización de novos métodos de control
Os 40 Summer Live reunirán na Coruña a algunhas das grandes promesas do pop e da música urbana
A praza de María Pita acollerá este martes un concerto gratuíto con artistas como Depol, Chiara Oliver, Enol, Adexe y Nau ou Chema Rivas dentro das Noites de María Pita




