Novas de Pontevedra
Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da UVigo
García Mateo dirixirá a institución académica viguesa ata o ano 2032 nun único mandato de seis anos de duración
Simega mantén a folga de médicos para a próxima semana
Reitera a súa petición de dimisión á ministra de Sanidade por ser a responsable directa deste paro indefinido e cualifica de ‘inconcretas e imprecisas’ as concesións a outras organizacións médicas
A UVigo terá unha reitora por primeira vez na súa historia
Carmen García Mateo e Belén Rubio disputarán a segunda volta o 15 de maio tras ser as dúas candidatas máis apoiadas nunha primeira xornada electoral na que Jacobo Porteiro quedou fóra da carreira
Presentada en Lugo a campaña “Merca no teu comercio 2026” para dinamizar o comercio local
A iniciativa desenvolverase nas catro provincias con sorteos e premios para fomentar as compras de proximidade
As Deputacións de Ourense e Pontevedra colaboran en dous proxectos transfronteirizos sobre o medio rural
Valoradas en máis de 6 millóns, as iniciativas buscan impulsar a innovación e os coidados para unha vida activa no medio rural transfronteirizo e a eficiencia enerxética e a sustentabilidade dos edificios das entidades locais
Pazo da Cultura, Teatro Principal e Recinto Feiral acollerán nove concertos entre marzo e maio en Pontevedra
Sés, Yerai Cortés, Nando Agüeros, Revólver, Fillas de Casandra, Karmento e outras propostas musicais completan unha variada programación cultural na cidade do Lérez ata finais de maio
Tres planos ilustrados, tres olladas persoais: ‘Pontevedra Debuxada’ reivindica a arte humana a través da cidade-mapa
A Casa das Campás acollerá desde o 5 de marzo unha exposición que amosa o proceso creativo de tres novos planos artísticos de Pontevedra asinados por Natalia Umpiérrez, Aida Alonso e Paula Cheshire
Nadiia Zholtikova e Gonzalo Caparrós representan a Galicia con España en dous torneos internacionais de loita
A pontevedresa Nadiia Zholtikova está competoindo en Austria co combinado U17, mentres que o ourensán Gonzalo Caparrós viaxa a Estonia coa selección absoluta de loita grecorromana
A Xunta activa en febreiro a rede de psicólogos clínicos en atención primaria con 21 novas incorporacións
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anuncia a posta en marcha da Rede de psicoloxía clínica en atención primaria, que permitirá reforzar o abordaxe dos trastornos mentais comúns e mellorar a coordinación coa Psiquiatría
A Deputación activa dúas liñas de axudas de 300.000 euros para fomentar o uso do galego
A Deputación de Pontevedra destina 200.000 euros aos servizos de normalización lingüística dos concellos de menos de 50.000 habitantes e 100.000 € á edición de publicacións en galego por entidades sen ánimo de lucro.
O Salón do Libro 2026 homenaxeará á libreira Luz Gallego “Nenuca” e ao editor Manuel Bragado
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra recoñecerá na súa 27ª edición o labor da libreira e mediadora Luz Gallego, da Libraría Seijas, e do editor Manuel Bragado, figuras clave na cadea do libro galego


