Xustiza
A Comunidade de Montes de Teis denuincia ao Concello de Vigo de prevaricación
A entidade afirma que este tería incumprido durante anos unha sentenza firme sobre a titularidade dos terreos nos que se asentaba o antigo Zoo de Vigo, actualmente Parque das Ciencias
GaliciaXa
O xulgado de Vigo recoñece como accidente laboral a baixa por violencia sexual dunha traballadora dun SAF
A resolución pon o foco na necesidade de garantir unha protección efectiva das traballadoras ante situacións de violencia, acoso e outros riscos psicosociais
María Olga Serrano toma posesión como primeira muller ao fronte da Fiscalía Provincial de Lugo
A nova fiscal xefa aposta por unha Fiscalía máis especializada, áxil e próxima ás vítimas e reclama maior coordinación entre todos os organismos da Xustiza
Alternativas na Xustiza denuncia o aumento do atasco de expedientes no Tribunal de Instancia do Carballiño
Segundo os datos achegados polo sindicato, a comparación entre decembro de 2025 e setembro de 2026 amosa un incremento sostido de demandas, procedementos e execucións sen resolver no órgano ourensán
GaliciaXa
A Xustiza anula as bases do Concello do Porriño que deixaron as festas do Cristo de 2025 sen atraccións
EMAFEGA pide agora a suspensión cautelar das bases de 2026, que reproducen boa parte das condicións declaradas ilegais, para evitar que as festas queden sen feirantes por terceiro ano consecutivo
GaliciaXa
Fiscalía de Galicia reforza o seguimentos dos menores non acompañados reubicados na Comunidade
Na actualidade son 90 menores os que se atopan en Galicia tras os procesos de reubicación levados a cabo polo Estado
Fiscalía abre dilixencias para investigar a denuncia presentada por Pacto Frente Eólicos sobre a xestión do Concello do Saviñao
A plataforma asegura que a investigación está en marcha tras apreciar indicios de posibles delitos contra a Administración Pública e afirma que xa se practicaron as primeiras dilixencias
GaliciaXa
María Olga Serrano converterase na primeira muller á fronte da Fiscalía Provincial de Lugo
A súa experiencia inclúe a participación en casos de gran repercusión en Galicia, como o asasinato de Samuel Luiz ou o coñecido como o do "loteiro coruñés"
María Olga Serrano e José Luis Álvarez son candidatos a dirixir a Fiscalía Provincial de Lugo
O escollido este venres relevará no cargo a Roberto Brezmes Caramanzana, tras dez anos de mandato
O TSXG confirma a condena ao Concello de Ourense e ao alcalde por incumprir a prevención de riscos laborais cunha ex xefa de Comercio
A Sala do Social ratifica a indemnización de 48.685 euros por danos morais e incapacidade temporal e avala a sentenza ditada en primeira instancia polo Xulgado do Social número 2 de Ourense
O PP de Muras leva á Fiscalía a contratación de servizos xurídicos realizada polo Concello desde 2015
A formación sostén que os importes abonados a varios despachos profesionais superarían amplamente os límites establecidos para os contratos menores
GaliciaXa
Baixan un 24 % os novos casos que chegan aos órganos xudiciais de Galicia
A diminución foi menos acusada nas xurisdicións social (12,3 %), penal (7,9 %) e contencioso-administrativa (0,2 %)
A Audiencia Provincial de Ourense ordena o arquivo da causa contra Jácome por presunta prevaricación
O tribunal estima o recurso de apelación e conclúe que os feitos non son constitutivos de delito, ao considerar que se trataría, no seu caso, dunha posible irregularidade administrativa
O Supremo inadmite o recurso do Concello de Ourense contra a sentenza que anulou o cesamento do interventor
Os feitos remóntanse a 2024, cando o goberno local cesou ao funcionario despois de que este presentase unha demanda contra o alcalde por presunto acoso laboral
GaliciaXa
A Fiscalía reivindica para as persoas con discapacidade un modelo baseado na autonomía, a dignidade e a igualdade
A fiscala Superior Carmen Eiró inaugurou as xornadas “Os dereitos fundamentais das persoas con discapacidade: perspectivas persoal e patrimonial” organizadas no Parlamento de Galicia
A Fiscalía solicita novas dilixencias na denuncia por acoso sexual contra José Tomé
Considera que a petición de sobresemento é prematura, ao entender que aínda quedan dilixencias de investigación relevantes por practicar para esclarecer os feitos denunciados
Traballadores xudiciais de Ourense reclaman máis persoal ante a sobrecarga na Sección Penal e de Violencia de Xénero
Denuncian acumulación de causas, atrasos na tramitación e falta de recursos tras a implantación do novo modelo organizativo, e piden reforzos urxentes á Xunta
Eventos
Dez letrados xuran o cargo dentro da 47 promoción da Administración de Xustiza
Exercerán as súas funcións nos tribunais de instancia da Fonsagrada, A Pobra de Trives, Mondoñedo, Negreira, O Barco, Ordes, Ortigueira, Verín e Viveiro
O Concello de Vilalba alerta dun posible timo telefónico relacionado co cobro da taxa de residuos
O Goberno local pide á cidadanía que extreme as precaucións e que non acceda ás ligazóns incluídas nestas mensaxes nin facilite datos persoais ou bancarios
A Deputación reforza con 10.000 euros as Xornadas Xurídicas Román García Varela de Sarria
O acordo co Concello de Sarria duplica a achega económica para unhas xornadas consolidadas como foro de referencia no ámbito xurídico
Sarria reúne a destacados expertos para debater sobre o futuro da Xustiza nun contexto de cambio tecnolóxico
As XIX Xornadas Xurídicas Román García Varela analizan os retos do sistema xudicial e a necesidade de compatibilizar innovación, eficacia e confianza cidadá







